Plan de acción global para la prevención y control de la neumonía (GAPP) (Plan de acción global para a prevención e control da pneumonía)
A pneumonía acaba anualmente coa vida de 1,8 menores de 5 anos. É a enfermidade que máis mortes infantís produce en todas as rexións do mundo. A pesar diso, dedícanse relativamente poucos recursos a loitar contra a pneumonía.
Como resposta a esta situación, a OMS e UNICEF desenvolveron oPlan de Acción Global para a Prevención e Control da Pneumonía (GAPP).
O seu fin é dar a coñecer que a pneumonía é unha das principais causas de mortes infantís no mundo e animar a unha acción máis efectiva fronte ao problema.
Neste documento, a Organización Mundial da Saúde (OMS) e UNICEF resumen a situación global en relación á pneumonía e apuntan á necesidade de mantela baixo control para lograr o Obxectivo de Desenvolvemento do milenio relativo á mortalidade infantil.
O documento especifica os obxectivos e estratexias a acadar, analiza os custos de incrementar a escala das intervencións que xa demostraron ser eficaces contra esta enfermidade e sinala as accións prioritarias requeridas para asegurar o seu progreso.