Protegiendo a la Infancia afectada por el VIH/SIDA (Protexendo á infancia afectada polo VIH/SIDA)
No mundo, millóns de nenos e nenas perderon a un ou a ambos dos seus proxenitores por causa da SIDA e outros tantos millóns viven con familiares enfermos e enfermos terminais.
O profundo trauma de perder a un ou aos dous proxenitores ten implicacións devastadoras a longo prazo, non só para o desenvolvemento e o benestar do neno, senón tamén para a estabilidade dalgunhas comunidades.
A SIDA non só mata os pais; tamén a irmáns e irmás, a tíos e tías, a veciños, profesores e outros membros da comunidade. Está a baleirar as escolas, acabando con familias enteiras e extinguindo a esperanza.
Adóitase dicir que “é preciso un pobo para criar a un neno” pero, que pasa con esa nena ou neno cando o pobo está asediado por moribundos, ensombrecido polos mortos?