Unha promesa renovada
Os datos da publicación de UNICEF Unha promesa renovada: Informe 2015 mostran que dende o ano 2000, cando os gobernos se comprometeron co logro dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM), se salvaron as vidas de 48 millóns de nenos menores de cinco anos. Estes progresos son o resultado das constantes medidas dos dirixentes para converter nunha norma e unha prioridade política a tarefa de salvar as vidas dos nenos, de mellorar e utilizar os datos sobre a supervivencia infantil e de ampliar a dimensión das intervencións que deron resultado.
Cada ano morren 5,9 millóns de nenos menores de cinco anos por causas que se poden evitar, un 53% menos que en 1990. Se aumentase o ritmo dos progresos, especialmente nos países que están demorados, o mundo podería salvar a vida de 38 millóns máis de nenos menores de cinco anos.
A taxa de redución da mortalidade infantil duplicouse en todo o mundo no espazo dunha xeración. Outros 38 millóns de vidas poderíansalvarse ata 2030 se se aceleran aínda máis os progresos en consonancia cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).