Sirya: nenos empapados en terror

Por Raquel Fernández, directora de Comunicación de UNICEF España.

Post publicado no blog 3500 Millóns de El País.

 

Máis de catro millóns de nenos afectados pola guerra de Sirya.

Unha ducia de palabras nunha pantalla, nun universo online de miles de millóns de palabras viaxando a velocidades supersónicas que fan difícil elixir onde deterse en cada momento. E moitas ducias de palabras pasan desapercibidas, por moito que encerren morte, terror, dor, desespero e carencias graves para que algúns millóns de persoas poidan seguir vivindo. É do que fala a mirada ás veces opaca de moitos nenos sirios nos campos de refuxiados,a súa infancia foi esmagada por unha traxedia creada por adultos. Por adultos da segunda década do século XXI.

Os nenos desta mesma década que están a lograr sobrevivir dentro deSirya, fano fuxindo dun lado para outro dentro do seu país, buscando coas súas familias lugares seguros nos que non sexa imposible ter auga, comida e unha oportunidade de vivir. Mesmo tendo todo isto, hai dous anos que dous millóns destes nenos non van á escola: como será a Sirya do futuro próximo se agora os seus nenos viven o terror e xa non poden ir á escola?

O único que teñen en abundancia é medo, que vivirá con eles un tempo, moito ou pouco, depende do que sufrisen. Pero tanto medo que, semanas despois de chegar a unha zona con certa seguridade como un campo de refuxiados, "se ven un avión bótanse a tremer", conta o profesor Samir Belshi.

Tulin, de 9 anos, tremeu con moitas bombas antes de abandonar a súa casa, ata que aconteceu algo definitivo: "un día unha bomba explotou preto do colexio e a nosa nai dixo que nos tiñamos que ir". Uníronse ao éxodo rumbo ao Kurdistán iraquí e agora viven como refuxiados no campo de Domiz. Todas as historias teñen o nexo común de explosións que provocan morte, grupos armados que ameazan ou disparan, e destrución da infancia que os nenos sirios coñecían ata agora.
 
A mirada de Tulin recuperou o seu brillo, como a maioría dos nenos que levan un tempo noutros países. Van espantando o medo a base de deixar de oír bombas, ter as necesidades básicas cubertas e poder ir á escola. Detrás deste logro, as súas familias, profesores, novos e vellos amigos, e as persoas e entidades que a través das súas achegas fan posible o traballo incansable dos profesionais de organizacións humanitarias que se deixan a pel -moitas veces poñendo en risco as súas vidas- neses infernos que abrimos na terra.

Hai tres millóns de nenos desprazados dentro de Sirya.

Fóra do país xa hai máis dun millón que hoxe son refuxiados noutras fronteiras.

7.000 non o conseguiron, morreron no inferno dunha guerra.

Que necesitan os nenos sirios que sobreviven? Paz. E, mentres se alcanza ese sonoaxuda humanitaria para vivir, apoio para superar o medo antes de que os estrangule, estar protexido e volver á escola.