Búscase: Coronavirus
Este póster, tamén dispoñible en versión para colorear, axudaranos a difundir mensaxes de hixiene e prevención contra a COVID-19
Como se fose un foraxido do salvaxe Oeste, o coronavirus SARS-CoV-2 é o protagonista deste cartel, que pode apoiar os nosos esforzos para difundir mensaxes de hixiene e prevención na escola. O PDF de descarga tamén inclúe unha versión para colorear e que cada grupo pode personalizar o seu póster.
Este cartel tamén serve de apoio a dúas actividades que propoñemos sobre o lavado de mans e a hixiene: Para estar sans, lavámonos ben as mans, na que a través dun divertido poema axuda aos nenos a desenvolver unha técnica correcta de lavado de mans e Deseña unha campaña de saúde pública que introduce aos estudantes de niveis máis altos os axentes patóxenos máis buscados, animándoos a poñer a súa creatividade ao servizo da prevención de enfermidades.
Conceptos clave: hixiene, auga, saneamento, lavado de mans, saúde, educación, COVID-19, prevención de enfermidades, saúde pública, comunicación social.
Dirixido a: escolas, profesores de educación infantil, primaria e secundaria, equipos directivos, familias, educadores, orientadores familiares, traballadores sociais, educadores sociais.
Disponible en PDF en: GAL | CAS
Data de publicación: setembro de 2020
Editado por: UNICEF España
Actividades e recursos relacionados
Educar na saúde
Este novo curso pode ser unha oportunidade para reflexionar e mellorar algunhas cousas que pasamos por alto no noso día a día. Se queres coñecer máis ideas e propostas sobre saúde, educación e COVID-19, podes atopalas na nosa guía de materiais e actividades "Educar en saúde".
SABER MÁIS