Para estar sans, lavámonos ben as mans!
Actividade para Educación Infantil baseada no poema "Mans á auga"
O Día do lavado de mans (15 de outubro) lémbranos a importancia de lavarnos as mans para evitar enfermidades, pero como o fas?
Esta actividade usa un divertido poema sobre o lavado de mans como recurso para acadar diversos obxectivos educativos relacionados coa educación para a saúde, ao tempo que reforza o dereito dos nenos á participación e contribúe á consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible.
Este poema, que podemos transformar nunha canción, dálles aos máis pequenos algunhas pistas para poder facelo ben. Para estar sempre sans, lavámonos ben as mans!
Descarga o PDF coa guía de actividades e o poema:
Que temas de dereitos da infancia e cidadanía global abordamos nesta actividade?
- O dereito á saúde e a recibir coidados preventivos e educación sobre hixiene e saúde.
- O dereito á educación e o seu papel no desenvolvemento das máximas capacidades de cada neno ou nena.
- O dereito á participación, ao acceso a unha información axeitada e a buscar, recibir e difundir ideas e informacións sobre temas de todo tipo.
- O dereito ao desenvolvemento e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, especialmente o 6º, sobre auga, hixiene e saneamento.
Táboa de aprendizaxes
Esta actividade está indicada para Educación Infantil e primeiros cursos de Primaria, realizando as adaptacións curriculares necesarias.
Obxectivos de aprendizaxe
Coñecementos | Actitudes | Competencias |
---|---|---|
|
|
|
Conceptos clave: hixiene, auga, saneamento, lavado de mans, saúde, educación.
Dirixido a: familias, educadores, orientadores familiares, traballadores sociais, educadores sociais.
Dispoñible en PDF en: GAL | CAS
Data de publicación: setembro de 2020
Editado por: UNICEF España
Gotas para hixiene
Podemos adaptar esta actividade para formar parte da campaña do noso centro educativo a favor de #GotasUNICEF. A concienciación sobre a importancia da auga, a hixiene e o saneamento é un elemento moi importante para acadar o obxectivo 6 dos obxectivos de desenvolvemento sostible.
Actividades e recursos relacionados
Actividade para celebrar o Día Mundial da Infancia
Somos infancia!
Este 20 de novembro, Día Mundial da Infancia, queremos propoñer unha reflexión sobre o que significa a infancia e a adolescencia, que nos preocupa, que valoramos máis, que queremos reivindicar desde as aulas... Súmaste?