Deseña unha campaña de saúde pública

Actividade que nos permite investigar sobre cuestións de saúde e poñer en marcha a nosa creatividade para informar e protexer a outras persoas

 

DESEÑA UNHA CAMPAÑA EDUCATIVA DE SAÚDE PÚBLICA

Una parte importante da promoción da saúde é dar a coñecer á cidadanía información e recomendacións sobre enfermidades e hábitos saudables. Para iso, os gobernos e as institucións poñen en marcha campañas de comunicación que teñen como obxectivo que a poboación saiba como levar unha vida saudable, como protexerse fronte a enfermidades ou como actuar fronte a unha emerxencia médica.

A través desta actividade poderemos aprender como funcionan as campañas de saúde pública e que as fai eficaces.

Para a actividade poden utilizarse como recursos adicionais:

 

Descarga a actividadE 

 

 

Que temas de dereitos da infancia e cidadanía global abordamos nesta actividade?

  •  O dereito á saúde e a recibir coidados preventivos e educación sobre hixiene e saúde.
  •  O dereito á educación e o seu papel no desenvolvemento das máximas capacidades de cada neno ou nena.
  •  O dereito á participación, ao acceso a unha información axeitada e a buscar, recibir e difundir ideas e informacións sobre temas de todo tipo.
  •  O dereito ao desenvolvemento e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, especialmente o 6º, sobre auga, hixiene e saneamento.

 

Tabla de aprendizaxes

Esta actividade está indicada para últimos cursos de Primaria e Secundaria, realizando as adaptacións curriculais necesarias. 

Obxectivos de aprendizaxe

ConocimientosActitudesCompetencias
  • Hábitos saudables para previr enfermidades.
  • Saúde e enfermidade.
  • Microorganismos
  • Xermes que poden atoparse nas nosas mans e as enfermidades que provocan, na nosa contorna e en todo o mundo.
  • Interiorización das normas de hixiene.
  • Preferencia por hábitos de vida saudables.
  • Defensa do dereito á saúde en todo o mundo.
  • Uso da liberdade de expresión como medio para difundir e protexer outros dereitos.
  • Traballo en equipo polo logro dun ben común.
  • Empatía e solidariedade cara á situación doutras persoas.
  • Responsabilidade individual e colectiva na protección da saúde e na prevención de epidemias e plagas.
  • Realización de proxectos
  • Utilización de fontes de información
  • Traballo individual e de grupo
  • Autonomía persoal
  • Habilidades comunicativas e de presentación de información
  • Desenvolvemento da creatividade e desenvolvemento da capacidade de expresión plástica.

Conceptos clave: hixiene, saúde, hábitos saudables, educación, COVID-19, prevención de enfermidades, saúde pública, comunicación social.

Dirixido a: centros educativos, docentes de Educación Primaria e Secundaria, familias, educadores.

Dispoñible en: GAL | CAS

Data de publicación: setembro de 2020

Edita: UNICEF España

 

Gotas UNICEF

Gotas para hixiene

Podemos adaptar esta actividade para formar parte da campaña do noso centro educativo a favor de #GotasUNICEF. A concienciación sobre a importancia da auga, a hixiene e o saneamento é un elemento moi importante para acadar o obxectivo 6 dos obxectivos de desenvolvemento sostible.

Máis información

Actividades e recursos relacionados

Os patóxenos máis buscados

Os patóxenos máis buscados

Colección de fichas para coñecer os patóxenos que máis ameazan a saúde da infancia en todo o mundo e como evitalos

Búscase: Coronavirus

Búscase: Coronavirus

Este póster, tamén dispoñible en versión para colorear, axudaranos a difundir mensaxes de hixiene e prevención contra a…

Para estar sans, lavámonos ben as mans!

Para estar sans, lavámonos ben as mans!

Actividade para Educación Infantil baseada no poema "Mans á auga"

Educación para a saúde: caderno de actividades e recursos

Educación para a saúde: caderno de actividades e recursos

Propostas para promover hábitos saudables desde a escola e garantir o dereito á saúde de toda a comunidade educativa

Actividade para celebrar o Día Mundial da Infancia
Somos infancia!

Este 20 de novembro, Día Mundial da Infancia, queremos propoñer unha reflexión sobre o que significa a infancia e a adolescencia, que nos preocupa, que valoramos máis, que queremos reivindicar desde as aulas... Súmaste?

máis información