Guía do curso 2019/20: Educa dando ás

 
Este caderno ofrece ideas para que a participación infantil e adolescente na aula e no centro educativo contribúa a desenvolver o máximo potencial de cada estudante 

 


Un enfoque educativo de educación en dereitos de infancia que incorpora procesos de participación auténtica contribúe a afianzar a identidade do alumnado, a impulsar a súa confianza e senta as bases de valores como a responsabilidade, la cidadanía global, a democracia, o espíritu crítico e o respecto aos demáis. 


Estas competencias non poden esperar á idade adulta para desenvolverse: se non as impulsamos desde os primeiros anos de escola, faremos perder aos nosos alumnos a fiestra de oportunidade que tiñan na súa infancia e adolescencia para desenvolvelas. Se queremos construír sociedades libres, democráticas, nas que o respecto ao outro e a responsabilidade impulsen a convivencia, debemos animar aos nenos a participar, facilitándolles ferramentas e espazos na súa contorna, incluída a escola.

 

Descarga o PDF

 

Utiliza este caderno como folla de ruta!

Este caderno deseñouse para que poidades imprimilo, enteiro ou en parte, e colocar as follas impresas nun lugar visible da sala de profesores. Deste modo poderá servir como folla de ruta para a incorporación de actividades de participación infantil á actividade escolar ao longo do curso. Cada páxina responde a unha pregunta concreta sobre a participación infantil e nos seus contidos se encontran ampliados nesta web. Involucra a toda a comunidade escolar no logro do dereito á participación infantil!

 

 

Conceptos clave: participación infantil, dereitos da infancia, convivencia, resolución de conflitos, desenvolvemento de competencias, autonomía persoal, responsabilidade, cidadanía, espírito crítico, democracia, innovación.

Dirixido a: docentes de Educación Infantil, Primaria, ESO, Bacharelato e Formación Profesional, equipos directivos de centros educativos, técnicos municipais de infancia, familias.

Dispoñible en PDF en: GAL | CAS

Edita: UNICEF España

 

 
 

Participación infantil e adolescente

Ideas para que a participación na aula e o centro educativo contribúa a desenvolver o máximo potencial de cada estudante.

Descúbreas

Coñece os nosos materiais sobre participación infantil e adolescente

Por todos os meus compañeiros!: Guía para celebrar o día da infancia

Por todos os meus compañeiros!: Guía para celebrar o día da infancia

Guía para desenvolver a actividade "Por todos os meus compañeiros!

Glosario sobre participación infantil e cidadanía

Glosario sobre participación infantil e cidadanía

Palabras que usamos para falar de participación, democracia e cidadanía e que nos axudan a entender mellor que é o dere…