Educando a conciencia: Dereitos, saúde mental e educación
Un enfoque educativo
Para cada estudante, é importante dispoñer desde a infancia das ferramentas que lle permitan tomar conciencia de si mesmo, dos seus procesos cognitivos e das súas emocións, para maximizar as súas oportunidades de desenvolvemento na vida. Estas son ferramentas educativas e, por iso, educar a conciencia é imprescindible para garantir o dereito de cada neno ou nena ao desenvolvemento, á educación e á saúde.
Guía de actividades e recursos
Educando a conciencia: O papel da educación para promover o dereito á saúde mental e o desenvolvemento de hábitos de vida positivos na infancia e adolescencia
Este curso propoñemos un enfoque da saúde mental desde unha perspectiva educativa, na que a educación en hábitos saudables e habilidades para a vida, a prevención da violencia, a igualdade e a eliminación de barreiras xogan un papel moi importante. Descobre todas as actividades e recursos que acompañan a esta proposta.
Caderno de formación
Dereitos, saúde mental e educación: Un enfoque para promover a saúde mental e psicosocial desde os centros educativos.
Este documento para docentes introduce algúns elementos clave da abordaxe da saúde psicosocial desde o centro educativo: como é o enfoque educativo de saúde mental, como podemos promovela desde o ámbito educativo, o desenvolvemento de habilidades para a vida e o seu valor preventivo e o papel da protección nos centros. Próximamente en galego.
Como empezar:
- Transmitindo coñecementos sobre saúde psicosocial adaptados á idade e nivel de madurez de cada estudante.
- Promovendo actitudes cara a saúde mental, as diferencias individuais, a personalidade e a expresión das emocións que favorezan a inclusión e o bo clima escolar.
- Desenvolvendo competencias e habilidades de vida que fomenten a autonomía, o auto coñecemento, a adquisición de seguridade e a prevención de condutas violentas e discriminatorias.
Tres datas clave