O noso planeta, os nosos dereitos: material educativo para o curso 2017-2018
"O noso planeta, os nosos dereitos" é un conxunto de actividades e recursos sobre dereitos de infancia e cambio climático. Descobre todo o que se pode facer desde as aulas!
Loitar contra o cambio climático pode ser un obxectivo educativo? Cremos que si: o cambio climático é un dos maiores retos aos que se van a enfrontar as xeracións presentes e futuras e, de feito, xa está a impactar nas vidas de moitos nenos e nenas en todo o planeta. Dotar ao noso alumnado dos coñecementos, competencias e actitudes que lles permitan afrontar este desafío con opcións de superalo é unha responsabilidade inaprazable.
Dereitos e clima
Os nosos materiais educativos para este curso abordan este tema desde unha dobre perspectiva:
- O dereito á saúde: todos os nenos, nenas e adolescentes teñen dereito a vivir nunha contorna saudable e a coñecer como protexerse fronte aos cambios que poidan producirse no seu medioambiente. Existe ademais un imperativo de xustiza interxeracional: os nenos son quen menos responsabilidade teñen sobre os actuais problemas ambientais pero son e serán quen máis sufran as súas consecuencias.
- O dereito á participación: en apenas 18 anos, un neno ou nena nacido hoxe será unha persoa adulta con plena responsabilidade sobre as decisións que tome. Desde o ámbito educativo, temos a oportunidade de ofrecerlles coñecementos, de inspirarlles unha actitude crítica e responsable e de favorecer o desenvolvemento de competencias que lles permitan ser cidadáns activos e comprometidos.
Ademais, o cambio climático xoga un importante papel nalgunhas catástrofes naturais que poñen en perigo os dereitos de nenos e nenas de todo o mundo, como os tifones, as inundacións, as ondas de calor ou a ameaza da seca e a desertización en países como Níxer.
Os materiais didácticos
O conxunto de materiais educativos para o curso 2017-2018 inclúe:
Guía de curso
A guía resume algunhas ideas que poden servir de inspiración a aqueles centros educativos e docentes que queiran abordar o cambio climático desde os dereitos da infancia, fomentando a participación e a responsabilidade do alumnado, tanto desde a súa contorna máis próxima (centro educativo, barrio, municipio...) como en relación á dimensión global do problema.
A guía impresa envíase por correo durante setembro aos centros rexistrados no programa educativo de UNICEF e tamén pode descargarse en formato PDF en varios idiomas: GAL | CAS | ENG
Actividades por etapa
A guía inclúe enfoques didácticos para os diferentes niveis educativos, complementados con actividades por idade. Estas actividades están deseñadas para realizarse en torno ao 20 de novembro, Día Universal da Infancia, pero poden adaptarse a outras datas do calendario escolar.
Actividade para Educación Infantil: Protexémonos do clima
Desenvolver un enfoque de prevención desde a primeira infancia é clave para adquirir valores e competencias ambientais que nos acompañarán toda a vida. Esta actividade complétase co conto "Os tres porquiños e o vento feroz" e o conxunto de trabalinguas "Rimas tolas para tempos tolos".
Actividade para Educación Primaria: Voces para defender o planeta
Coñecer os problemas relacionados co cambio climático, ser capaces de formarnos unha opinión crítica e informada e ter a liberdade e o respaldo para expresala son primeiros pasos crave para comprometernos con accións que contribúan á protección do medio ambiente. A actividade inclúe dous vídeos nas que nenos e nenas de diferentes lugares expresan as súas visións do cambio climático.
- Descargar actividade en: GAL | CAS | ENG
- Ver vídeos
Actividade para Educación Secundaria: Misión: un futuro sostible
A humanidade necesita dunha xeración de persoas que entenda os riscos da sobreexplotación dos recursos do planeta e que promova modos de vida e de negocio máis sustentables e respectuosos co medioambiente e cos dereitos humanos. Esta actividade oriéntase ao desenvolvemento dun proxecto que nos permita exercer os nosos dereitos á participación e a un medioambiente saudable.
Glosario
Actividades e recursos: Dereitos da infancia e cambio climático
Máis información sobre os dereitos dos nenos na educación
Únete al programa
Forma parte de nuestra red de centros educativos comprometidos con los derechos de la infancia
- Tendrás acceso gratuito a los materiales educativos del programa.
- Recibirás información personalizada.
- Podrás publicar y compartir en el blog las experiencias de educación en derechos de tu centro educativo.