Símbolos da paz

Ao longo da historia e ao redor do mundo, os seres humanos eliximos diferentes imaxes e xestos para representar a paz. Estes símbolos mostran o valor que ten a paz para nós e teñen diferentes historias e orixes que merece a pena coñecer.  Utilízaos para celebrar a paz e a non violencia na aula!

 

1.    Pomba da paz
Paloma de la paz

 

A pomba da paz é un símbolo moi antigo. Aparece no libro do Xénese e representa a paz e a reconciliación tras o diluvio universal. Despois da Segunda Guerra Mundial a pomba da paz volveu ser unha imaxe moi recoñecida, debido a uns debuxos que realizou Picasso. Tradicionalmente a pomba da paz porta unha rama de oliveira no pico e é de cor branca, pero convidámosche a pintar coa túa clase pombas de todas as cores nesta actividade para Educación Infantil e primeiro ciclo de Primaria: Cores de paz.

2.    Rama de oliveira
Rama de olivo

 

A rama de oliveira é outro símbolo de paz que a humanidade utiliza desde hai moito tempo.  Era un dos atributos da deusa grega da paz, Irene, e simbolizaba a abundancia e a vitoria sobre os malos espíritos. Nas antigas Grecia e Roma, intercambiábanse ramas de oliveira como oferta de paz tras unha batalla

3.    Logo da paz
Símbolo de la paz

 

Creado en 1958 por Gerald Holtom, un deseñador gráfico inglés, para unha campaña en apoio do desarmamento nuclear, este símbolo fíxose mundialmente coñecido nos anos 60 a través do movemento hippie. As liñas dentro do círculo representan as letras D e N (desarmamento nuclear) no alfabeto semáforo, que é o que se utiliza os brazos e bandeiras para enviar mensaxes visuais a longa distancia.

4.    Vacina do bo trato
Vacuna del buen trato

 

Este pode ser o símbolo mais especial para a túa aula, porque será unha creación vosa. Descubre como crear unha vacina do bo trato para protexer a vosa contorna da violencia. O especial desta vacina é que entre todos podedes descubrir que formas de violencia aféctanvos e xerar solucións e compromisos para frealas. Esta vacina non se toma, pénsase!

5.    Sinal da "V" coa man
Señal de la V con la mano

 

Este xesto, coa man virada cara a fóra, ten diferentes significados pero popularizouse como signo de paz durante os movementos pacifistas posteriores á II Guerra Mundial e, especialmente, na década de 1960, durante a Guerra de Vietnam. Se se realiza coa man virada cara a dentro, é un insulto grave nalgúns países anglosaxóns.

6.    Pipa da paz
Pipa de la paz

 
Os pobos orixinarios de América do Norte teñen entre as súas tradicións compartir unha pipa cerimonial como símbolo de paz e amizade entre grupos e entre persoas. Estas pipas teñen distintas formas, materiais e nome ao longo do continente americano (chanunpa para os Lakota ou bahui para os Shoshone). Posteriormente os europeos chamaron xenéricamente a estas pipas coa palabra francesa calumet.

7.    Grou de papel
Grulla de origami

 
Estes grous realizados mediante papiroflexia chámanse orizuru en xaponés e son un dos deseños clásicos do origami (técnica xaponesa de encartado de papel). A lenda conta que quen logre unir 1.000 grous de papel con fíos (senbazuru) verá cumprido un desexo. Fixéronse populares como símbolo de paz tras a Segunda Guerra Mundial  pola historia de Sadako Sasaki, unha nena xaponesa que enfermou de leucemia tras a bomba atómica de Hiroshima e á que a súa familia e amigos axudaron a encartar máis de 1.000 grous durante a súa estancia no hospital. Descarga en Wikipedia un modelo para facer grous de papel.

8.    Armamento roto
Escultura representando un revolver con el cañon hecho un nudo

 

O rifle roto úsase como símbolo de paz desde principios do século XX, cando distintas organizacións pacifistas europeas usárono nas súas protestas contra a Primeira Guerra Mundial. En 1921, a Rede Internacional de Resistentes á Guerra adoptouno como logo. Outros símbolos relacionados con esta idea son a imaxe dun rifle ou pistola cunha flor na boca do canón, tanques destruídos ou unha arma inutilizada, como a que aparece na foto, obra de Carl Fredik Reutersward.

9.    Arco da vella da paz
Bandera de la paz

 

O arco da vella é un símbolo moi difundido da paz. En 1961, o activista italiano Aldo Capitini usou unha bandeira do arco iris para unha marcha pola paz e o símbolo popularizouse. Actualmente, a bandeira da paz ten os sete cores do arco da vella do revés (violeta arriba e vermello abaixo), a diferenza da bandeira multicor do movemento LGBTQI (seis cores, co vermello arriba e o violeta abaixo).

10.    Banner da paz
Banner Roerich

Tamén coñecido como símbolo de Roerich ou símbolo do Pacto de Roerich polo seu autor, Nicholas Roerich, un artista e filósofo ruso que adicou parte da súa vida para promover a protección da arte, a cultura, a educación e a ciencia en tempos de guerra e cuxa influencia foi moi importante no desenvolvemento de leis e acordos de protección do patrimonio cultural.

11.    Mapoula
Amapola blanca como símbolo de paz

 

Cóntase que, durante a Primeira Guerra Mundial en Europa, creceron moitas mapoulas no que foran os campos de batalla, polo que esta flor foi adoptada como recordo dos caídos na guerra. Máis adiante, promoveuse a mapoula branca como símbolo do pacifismo, a non violencia e contra os desastres da guerra.

12.    Salam Shalom
Shalom salam

Unión da palabra paz nos idiomas hebreo (shalom) e árabe (salam) como reivindicación de paz e concordia entre as personas, os pobos, as ideoloxías e as relixións en Oriente Medio.

13.    Mans brancas
Manos blancas

 

As mans pintadas de branco e estendidas mostrando a palma son un xesto de paz e de rexeitamento á violencia, en particular ao terrorismo. O simbolismo é dobre: que estean pintadas de branco reflicte a oposición ás mans manchadas de sangue, que reflicten violencia; que estean abertas e estendidas á fronte é un xesto de autoafirmación, de conciliación e que comunica que a persoa non oculta nada, ao contrario que un puño, que pode pegar e esconder.

Dá vida a estes símbolos!

Coñecías estes símbolos e a súa orixe? As imaxes, os símbolos e os xestos axúdannos a dar visibilidade a cuestiones complexas como a paz, a non violencia e o bo trato, pero non son eficaces se non o poñemos en marcha. Utilízaos en actividades na aula ou para campañas de movilización no teu centro educativo. Non esquezas explicar a súa orixe, porque o seu valor non está na súa forma senón no seu significado. E, se vos animades, podedes poñer en marcha unha campaña de vacinación polo bo trato, porque ningún símbolo ten tanta forza como aqueles cos que nos comprometemos.

 

Recursos educativos sobre educación para la paz: A salvo en la escuela

Guía do curso 2018/19: A salvo na escola

Guía do curso 2018/19: A salvo na escola

Esta guía de actividades e recursos da Educación en Dereitos e da Cidadanía Global contén propostas e ideas para facer …

Glosario sobre non violencia, paz e bo trato

Glosario sobre non violencia, paz e bo trato

Recompilación de termos de uso frecuente para actividades educativas na aula. Estas definicións, explicadas en linguaxe…

A historia de punto

A historia de punto

Aprender as letras nunca tivo tanto sentido! Este video de debuxos animados, acompañado dunha actividade didáctica para…

Soños - A escola como lugar de paz

Soños - A escola como lugar de paz

Actividade para a aula de Educación Primaria que utiliza os debuxos animados e o conto para poder reflexionar na aula s…

Eu son eu - Actividade didáctica

Eu son eu

Actividade para a aula de Educación Secundaria que nos anima a acabar cos estereotipos, os prexuízos e a violencia que …

A vacina do bo trato - Guía de actividades

A vacina do bo trato - Guía de actividades

Guía para o desenvolvemento da actividade "A vacina do bo trato".

Novidades no noso blog educativo

Todo vai saír ben - O novo coronavirus e a educación

Día Escolar da Non-Violencia e a Paz

Las niñas y adolescentes y el uso de la tecnología.

III Congreso da Saúde Integral das Nenas e Adolescentes

Expertas analizan o impacto da internet, as Redes Sociais ou os contextos migratorios na saúde física e mental das nena…

Guía para educadores de la actividad

Vacacións da Terra: Proposta educativa para o Día do Medio Ambiente

Esta fin de curso a Terra necesita unhas boas vacacións. Ocórresevos unha solución para axudala?

Una niña sonríe y juega en las calles de una localidad Gallega

Eleccións Autonómicas Galicia. Instamos aos partidos a priorizar os dereitos da infancia e os temas que lles preocupan e afectan

UNICEF Comité Galicia comparte coas principais formacións políticas propostas desde unha perspectiva de dereitos, inves…

Actividad para celebrar el Día Mundial de la Infancia

Bandeira branca

Actividade para centros educativos - Se dedicases no teu colexio un mural aos dereitos, cales destacarías?.

Escape room: casa do terror

Escape room: casa do terror

Para saír da casa do terror, María só necesita atopar algúns obxectos clave que lle fagan recordar quen é e que dereito…

Xogo de enigma: Descobre o personaxe misterioso

Xogo de enigma: Descobre o personaxe misterioso

Adiviña quen é o personaxe misterioso usando o menor número de pistas posible. Xogo para Ed. Secundaria

Xogo de rol - Paz e non violencia

Xogo de rol - Paz e non violencia

Neste xogo exponse dúas situacións cun posible conflito no que cada personaxe mostra unha actitude e unha opinión difer…

Xogo de dobres: emocións e fórmulas de cortesía

Xogo de dobres: emocións e fórmulas de cortesía

Xogo para aprender que as fórmulas de cortesía son unha forma respectuosa de relacionarse con quen nos rodean, promoven…

Xogo: Abre a puerta correcta!

Xogo: Abre a puerta correcta!

Como educar en actitudes que fomenten o respeco e a non violencia?

Quiz de actualidade - Paz e non violencia

Quiz de actualidade - Paz e non violencia

Resolvede este quiz no que se presentan preguntas ligadas a algúns feitos violentos da actualidade e coas que deberedes…

Primavera de 2024

Pon a túa gota!
Carreiras de solidariedade

Coa chegada da primavera, miles de estudantes mobilizan nas súas escolas e institutos para apoiar o traballo de UNICEF en auga, medio ambiente e emerxencias humanitarias. ¿Queres que a túa comunidade educativa engada as súas gotas?