Abordaxes educativas da saúde mental: riscos e oportunidades

Cinco puntos fuertes de los centros educativos en la protección y la promoción del derecho a la salud mental de su alumnado.

Unha nena na súa aula

Abordaxes educativas da saúde mental

Cinco puntos fortes dos centros educativos na protección e a promoción do dereito á saúde mental do seu alumnado.

Retrato de una niña que sonríe en su aula

 

A saúde mental e o benestar psicosocial do alumnado son temas que preocupan a moitos centros educativos. Ter claro cal é o marco educativo que nos permite protexer os dereitos da infancia e colaborar mellor con outras institucións é clave para o éxito.

As escolas, colexios e institutos non son o lugar onde os problemas de saúde mental se diagnostican e tratan, pero si son unha contorna clave para a prevención, a protección e a educación para un mellor benestar emocional. Tamén son o lugar onde cada neno ou nena, independentemente da súa saúde mental, aprende, relaciónase e desenvólvese, libre de estigma, discriminación e etiquetas.

Entender os puntos fortes da escola en relación á saúde mental do alumnado, daranos a oportunidade de contribuír ao seu dereito á saúde e o desenvolvemento e permitiranos evitar riscos.
 

5 puntos fortes da escola en saúde mental

Os centros educativos son claves para promover a saúde mental, non só a través de programas específicos de educación na saúde se non, de xeito máis amplo, ao prover de espazos e oportunidades de aprendizaxe seguras, amigables e centradas nos estudantes.

A escola pode ter unha influencia positiva no impacto que certas variables contextuais poden ter sobre a saúde mental de nenos, nenas e adolescentes, converténdose nun lugar seguro onde a pobreza, a discriminación e a violencia poden ser neutralizadas e abordadas educativamente. A escola é un motor do cambio social.

A escola, ademais, a través da educación en habilidades para a vida, pode influír sobre algúns factores internos da saúde mental, proporcionando aos estudantes os coñecementos, as actitudes e o desenvolvemento de competencias necesario para unha mellor xestión dos seus pensamentos e emocións. A escola é tamén un motor do desenvolvemento individual.

Xunto ás actividades que xa se veñen realizando nos centros educativos no marco de atención á diversidade e de coordinación cos dispositivos de saúde mental, é útil un enfoque complementario baseado na educación en dereitos da infancia e orientado a fortalecer os coñecementos, actitudes e habilidades relacionados coa saúde mental no alumnado de todas as etapas.

Nos casos nos que sexa necesario colaborar con equipos externos á escola, pode ser recomendable:

  • Ter en conta a linguaxe e a filosofía utilizados desde cada campo de traballo, que pode ser distinto ao educativo. Por exemplo, en orientación educativa fálase de "diagnose" (psicopedagóxico), que é diferente da "diagnose" (médica) en psiquiatría ou en neuroloxía.
  • Coñecer a especificidade de cada equipo, para aumentar a eficacia conxunta: saber quen é especialista en que e como nos complementamos, contribúe ao interese superior de cada neno.
  • Mellorar os sistemas de derivación de casos e de coordinación, aínda que é algo que non depende unicamente do centro educativo.
  • Coñecer os problemas psicosociais e psicopedagóxicos máis relevantes e as súas implicacións multidisciplinais.
  • Realizar protocolos de prevención e de intervención conxunta nas problemáticas que o requiran.
  • Comunicar ás autoridades as necesidades que se detecten en materia de prevención, actuacións conxuntas e de recursos necesarios.
 
iStockphoto.com/Feodora Chiosea
 
© iStockphoto.com/Feodora Chiosea
 

Educar a conciencia

Este curso pode ser un bo momento para reflexionar e mellorar algunhas cousas sobre o benestar psicosocial e os hábitos de vida saudables no noso centro educativo.

APRENDER MÁIS

 
Ilustración de un grupo de estudiantes completando un puzle
© iStockphoto.com/Feodora Chiosea
Guía para educadores de la actividad

Vacacións da Terra: Proposta educativa para o Día do Medio Ambiente

Esta fin de curso a Terra necesita unhas boas vacacións. Ocórresevos unha solución para axudala?

Ilustración de un grupo de estudiantes haciendo un puzle

A miña escola, o meu equipo!: Convivencia, benestar e bo trato

A proposta de centros educativos deste curso propón unha visión en equipo da comunidade educativa na que todos colabore…

UNICEF Educación - Educación en Derechos

CADERNO DE FORMACIÓN

Dereitos, saúde mental e educación

Un enfoque para promover a saúde mental e psicosocial desde os centros educativos.

Este documento para o profesorado introduce algúns elementos clave do enfoque da saúde psicosocial desde o centro educativo: como é o enfoque educativo da saúde mental, como podemos promovela dende o campo educativo, o desenvolvemento das habilidades para a vida e o seu valor preventivo e o papel protección nos centros.

Descarga O PDF (CAS)

Somos infancia!

Actividade para celebrar o Día Mundial da Infancia

ste 20 de novembro, Día Mundial da Infancia, queremos propoñer unha reflexión sobre o que significa a infancia e a adolescencia, que nos preocupa, que valoramos máis, que queremos reivindicar desde as aulas... Súmaste?

máis información

Somos infancia
Somos infancia
Somos infancia