Acabar coa desnutrición infantil é posible

Hoxe lanzamos a campaña Doa un día (www.dona1dia.com), co obxectivo de concienciar á sociedade española sobre as terribles consecuencias da desnutrición infantil, que se relaciona con máis de 2,5 millóns de mortes anuais no mundo.  

A desnutrición é a consecuencia de varios factores: a inxestión insuficiente de alimentos, afalta dunha atención axeitada e a aparición de enfermidades infecciosas. Pero, ademais, hai outras causas indirectas como apobreza, a desigualdade ou aescasa educación das nais. Na actualidade, case 200 millóns de nenos menores de cinco anos no mundo sofren desnutrición crónica, o que lles pode producir atrasos físicos e mentais irreversibles. Trátase dun problema de gran magnitude, polo número de nenos afectados e pola falta de atención que recibe. Cando a desnutrición se volveaguda, require tratamento inmediato e atención médica urxente. Este tipo de desnutrición, que afecta a un13% da poboación infantil, é a que están a padecer centos de miles de nenos no Corno de África.
 
 
Non obstante, como sinala o informe de UNICEF A desnutrición infantil: causas, consecuencias e estratexias para a súa prevención e tratamento, acabar con esta eiva é posible. Existe un período fundamental para previla: os 1.000 díasque transcorren dende o embarazo ata osdous primeiros anos de vida do neno. A loita contra a desnutrición infantil é unha área prioritaria no traballo do Fondo de Nacións Unidas para a Infancia, UNICEF, que desenvolve múltiples actuacións e intervencións, agrupadas en diferentes categorías: prevención (lactación materna),cambios no ámbito sociocultural(promoción de hábitos de hixiene como o lavado de mans) outratamento da desnutrición aguda.
 
 
Pau Gasol, Ana Duato e centos de persoas e empresas  uníronse 
Missing ficheiro.
Pau Gasol e Ana Duato, Embaixadores de UNICEF España, coñeceron sobre o terreo a problemática da desnutrición e o traballo para a súa prevención e tratamento, e decidiron sumarse a esta iniciativa. Eles sonos protagonistas do anuncio no que, baixo a dirección do realizador Rodrigo Cortés, invitan a unirse á loita contra a desnutrición .
 
Todo o mundo pode facelo, dando difusión á información sobre esta problemática ou apoiando o traballo contra a desnutrición mediante o envío dun SMS coa palabra DIA ao28028. Con esta pequena achega de 1,2 euros* que vai destinada a UNICEF pódese financiar o tratamento dun día a un neno con desnutrición aguda grave (o tratamento total pode durar de 4 a 6 semanas).
 
 
Doa1Día conta ademais co apoio de máis de 50 medios de comunicación en toda España, máis de 60 empresas, unhas 20 entidades deportivas, en torno a 1.000 salas cine e decenas de organizacións de distintos sectores da nosa sociedade. Todos eles difundirán a iniciativa de UNICEF España a través de accións dirixidas aos seus empregados, clientes e grupos de interese.
 
* Custo máximo 1,42 euros. Operado por Alvento n.atn.clte: 902887786 alvento.es