Conferencia de Nacións Unidas sobre Desenvolvemento Sostible
"Os nenos vivirán no futuro que nós construamos"
Por Khaled Mansour, Director de Comunicación de UNICEF en Nova York
Con máis de 7.000 millóns de persoas no planeta, a comunidade internacional debería preguntarse en Rio de Janeiro o que significa o desenvolvemento sostible para os 2.200 millóns de nenos e nenas que hai no mundo. Despois de todo, o futuro que queremos e estamos a construír, será seu e dos seus fillos para vivilo. E debería ser máis equitativo.
O desenvolvemento
sostible ten que ver con recoñecer activamente, comprender
e actuar nas interconexións entre aeconomía, a sociedade e omedio. O progreso alcanzado nas últimas décadas na
redución da mortalidade infantil e a pobreza, na escolarización de
nenos e na mellora do acceso a auga potable non tivo precedentes.
Aínda así, estas melloras non se traduciron nun desenvolvemento
equitativo.
Por exemplo, un recente estudo de UNICEF mostrou que as disparidades entre o
20% da poboación máis pobre e máis rica en 18 de 26 países
estudados non diminuíron, a pesar de que se produciu unsignificativo descenso no índice demortalidade infantil. Estas medias enmascaran unha
historia de desigualdade.
Non é suficiente para UNICEFsimplemente debater sobre o feito de que os nenos deben estar no
corazón do que produce o desenvolvemento sostible. A enorme tarefa
que os líderes teñen por diante é estender os beneficios do
desenvolvemento e chegar a todas as familias. As marcadas
disparidades permanecen ou estanse a ampliar e están a poñer as
comunidades máis pobres en moitos países sistematicamente en clara
desvantaxe.
Este é un tempo no
que o panorama do desenvolvemento está a cambiar,
e non só debido á crise económica mundial. Os cambios foron
evidentes no Foro do ano pasado en Busán sobre a efectividade da axuda e son máis
aparentes a medida que se achega a Conferencia de Nacións Unidas
sobre Desenvolvemento Sostible en Río de Janeiro.
Sobre este novo panorama, o Secretario Xeral de Nacións Unidas
chamou a establecer obxectivos de desenvolvemento
sostible, construídos sobre a base dos actuais Obxectivos
de Desenvolvemento do Milenio (ODM), e "a establecer os alicerces dun crecemento
económico dinámico, respecto para o planeta e equidade social".
As discusións en Río sobre a axenda posterior aos ODM poderían cambiarpotencialmente a forma en que a comunidade internacional
pensa sobre o desenvolvemento e o
crecemento.A necesidade deste cambio é evidente pola coincidencia dacrise de alimentos, financeira e económica, e osdesastres naturais dos últimos anos, os cales
contribúen á falta de estabilidade e seguridade en diferentes
niveis. O investimento equitativo nos sectores
sociais, como a saúde e a educación,
promove realmente a estabilidade social e
política, e constrúe resilencia para futuros
impactos.
OS ExEMPLOS DE BRASIL E INDONESIA
Brasil e
Indonesia son exemplos diso. Estes países foroncapaces de afrontar a recesión mundial mellor que
outros. Ademais, a mellora na resposta aos desastres
naturais de Bangla Desh atribuíuse en parte á súa economía máis
diversificada, os seus programas de redución da pobreza e os seus
esforzos por apoiar as comunidades máis remotas e desfavorecidas
nas zonas propensas a desastres.
Por outro lado, os resultados de investir en infancia son
doadamente apreciables. Un ano adicional de escolarización
das nenas pode aumentar os seus futuros salarios entre un 10% e un
20%, salarios que á súa vez as mulleres, máis que os homes,
reinvisten nas súas familias poñendo en marcha un novo ciclo de
oportunidades e de prosperidade.
O Banco Mundial estima que investir en nutrición pode
aumentar o PIB dun país polo
menos entre un 2% e un 3%. Tendo en conta o
impacto que ten a nutrición sobre a saúde, o benestar e o
desenvolvemento, UNICEF está a
redobrar os seus esforzos, tanto a nivel mundial como
nacional, para reducir a
desnutrición.
EQUIDADe PARA ROMPER o CÍRCULO DA
POBREZA
Un
desenvolvemento máis equitativo e sostible é factible,
moralmente correcto e sabio, á vez que salvagarda os dereitos da
infancia. Investir de xeito equitativo nos nenos rompe a
transmisión xeracional da pobreza, crea sociedades máis
estables e contribúe ao crecemento sostible.Este enfoque comeza dirixindo os escasos recursos alí onde
poidan ter maior impacto: os nenos que se enfrontan a
privacións como consecuencia de pobreza, xénero, situación
xeográfica ou calquera aspecto que supoña unha barreira
discriminatoria.
Por último, o principio reitor dos dereitos dos nenos pódese poñer
en práctica a través dun enfoque socialmente equitativo
para o desenvolvemento sostible. Noutras palabras, para
que o desenvolvemento sexa realmente sostible e beneficioso para as
futuras xeracións -os nenos de hoxe- este debe ser
equitativo.