A desnutrición infantil, a debate
"A situación é tremenda en moitos lugares do mundo. A desnutrición ten que ver coa pobreza e coa falta de dereitos humanos. Fálase dela como imposible de resolver, algo que non é certo. Os medios de comunicación teñen unha responsabilidade enorme", con estas palabras Rosa María Calaf abriu o debate sobre desnutrición infantil que tivo lugar na sede de UNICEF España.
Xunto a ela, oito mulleres xornalistas de diferentes medios de comunicación,Ana Pastor de Televisión Española, Angels Barceló de Cadena Ser, Lola Huete Machado de El País Semanal, Joana Socíasde El Mundo, Ana Tagarro de XL Semanal, Leticia Iglesias de Telecinco,Mónica Carrillo de Antena 3 e Cristina Saavedra de LaSexta conversaron sobre esta ameaza que afecta a case 200 millóns de nenos no mundo en desenvolvemento. "O difícil é vender estes temas coa crise e a situación económica que hai en España. Creo que hai que deixar de falar de solidariedade e falar de crise alimentaria. É importante falar do negocio da fame", comentou a Ana Tagarro respondendo á afirmación de Calaf sobre a responsabilidade dos medios.
a FAME NO COrno de África
A situación de crise alimentaria que atravesa o Corno de África, e especialmente a fame que está a afectar a máis de 13,3 millóns de persoas en toda a rexión foi un dos primeiros temas que se tratou no coloquio. "Non" hai "só unha causa para que se producise esta grande emerxencia. Todo influíu. O conflito bélico na zona, a suba brutal do prezo dos alimentos, a seca, todo iso fai que se alcance esta situación de emerxencia total", comentou Leticia Iglesias."A crise do Corno de África é algo puntual, pero a desnutrición crónica está á orde do día. A desnutrición é o máis normal, vina en Somalia, vino en Kenya, Uganda, Ruanda", apostilouJoana Socías, recordando a súa experiencia en diferentes países africanos. E é certo, a desnutrición crónica é menos visible que a aguda, pero tamén leva consigo graves consecuencias. Pode producir atrasos irreversibles no desenvolvemento e crecemento. Así o recordabaAngels Barceló. Fixémolo moi mal se conseguimos que a desnutrición sexa unha enfermidade invisible, se fomos incapaces de explicar que isto da fame é máis que unha enfermidade, que hai moito detrás: especulación, crise alimentaria, mercado,".
Nesa mesma liña expresouse Mónica Carillo, entoando de novo omea culpa dos medios: "África é o
continente invisible, non conta, e cando conta, é malo sinal, sinal
de que hai unha emerxencia. E aínda así tamén se esgota como
noticia".
E tras o pesimismo e a crítica sobre o
papel dos medios, chegou o momento do optimismo da man deAna Pastor: "Eu son optimista. Dinte
que non perdas o Norte, pero eu non quero perder o Sur, non quero
ser neutral. Os que temos visibilidade, temos que loitar
por un periodismo moito máis activo. Teño a sensación, e
véxoo a diario en Twiter, quea xente nos esixe análise, esíxenos que vinculemos
o que pasa aquí en España e o que está a pasar en África. Alí a
crise é perder dous dos teus oito fillos".
Pola súa bandaCristina Saavedra,que ademais de xornalista é responsable de proxectos da ONG Global Humanitaria en Costa de Marfil, recordou a necesidade de que a sociedade colabore e sexa responsable. "Creo que a solución dos problemas, dos que acontece en África, pasa por nós". Ao que Lola Huete engadiu: "Asolidariedade non resolve o problema de África. A solución é política. Se a cidadanía non se move e é consciente da inxustiza, hai pouco que facer. Pero tamén hai que ver o bo, e África mellorou moito, a sociedade civil estase a organizar. As mulleres están a coller poder". A campaña de UNICEF tamén fai referencia á influencia que a educación da muller e a súa posición na sociedade teñen na alimentación dos fillos e como naqueles lugares onde as mulleres controlan os recursos familiares hai menos desnutrición. O encontro rematou cunha reflexión de Rosa María Calaf, que no seu papel de moderadora, pechou o debate: "Ser solidario non é reaccionar nun momento puntual, ser solidario é vivir solidariamente todos os días. É importante transmitir a idea de que neste mundo hai moitos mundos e todos somos responsables do que pase en todos eles".