Doa un día contra a desnutrición

Por Paloma Acedo, Responsable de Marketing de UNICEF España

A loita contra a desnutrición infantil é un dos retos máis importantes que hoxe por hoxe temos en UNICEF. Por iso, quixemos que este fose o foco principal da nosa campaña de captación para este último período de 2011.

O obxectivo da campaña Doa 1 día  é concienciará sociedade sobre o grave problema da desnutrición infantil, que actualmente sofren 200 millóns de nenos menores de cinco anos en todo o mundo, así comosensibilizar a poboación sobre os 1.000 días críticos que existen para previla: dende o embarazo da nai ata que o neno cumpre dous anos.
Pau Gasol e Ana Duato, Embaixadores de UNICEF España,  colaboran como imaxe da campaña, así como o director Rodrigo Cortés como realizador do anuncio para televisión.

Poder colaborar na campaña custa moi pouco, tan pouco como enviar unha mensaxeSMS ao 28028 coa palabra DIA. Co custo do SMS (1,20 €) UNICEF pode tratar contra a desnutrición aguda a un neno durante un día. Deste xeito, poderiamos dicir que con cada mensaxe non estamos a doar un SMS, senón que estamos a doar un día contra a desnutrición infantil.A campaña desenvólvese tamén no ámbito online, a través dun curto interactivo que narra a historia do pequeno Omar. Neste curto reflíctense as diferentes intervencións de prevención e tratamento contra a desnutrición que realiza UNICEF durante o período crítico dos 1000 días.  
 
Este curto pódese ver online en www.dona1dia.com , onde é posible ademais elixir un día que fose especial na nosa vida e doalo a UNICEF. Tamén se ofrece a posibilidade de facer doazóns maiores, por exemplo de 42 €, coas que se poderá levar a cabo un tratamento completo contra a desnutrición para un neno.  
 
 
Anímate eaxúdanos a combater a desnutrición de millóns de nenos. Grazas!