Empresas solidarias coa infancia en Nadal: Ikea, Energizer e H&M apoian proxectos de educación
A educación é un dereito humano fundamental e decisivo para o desenvolvemento dos individuos e as sociedades, xa que contribúe a mellorar as condicións de vida e eliminar o círculo de pobreza no que se ven atrapados millóns de nenos no mundo en desenvolvemento.
IKEA
Por sétimo ano
consecutivo, UNICEF, Save the Children e a Fundación IKEA uníronse na iniciativa Peluches para a Educación. Por cada
peluche adquirido ata o 5 de xaneiro nas tendas IKEA, a empresa sueca doa 1 € aUNICEF e Save the Children para proxectos de educación
infantil en África, Asia e Europa.As tendas IKEA ofrecen unha gama de
máis de 60 peluches diferentes cuxo prezo vai dos 0,50 € ata os
24,99 €. Independentemente do prezo do peluche, IKEA doa un euro para a educación, e o mesmo fai
con cada menú infantil servido no restaurante.
ENERGIZER
A campañaLight Up forÁfrica de Energizer ten como obxectivoiluminar con paneis solares 267
escolas nas zonas máis remotas e rurais deMauritania, onde a taxa de matriculación dos nenos
é tan só do 57%.
Na web Iluminaafrica pódese participar
nesta iniciativa a través dun xogo deseñado por Energizer para que cada persoa poida mandar a súa
enerxía positiva ás escolas de Mauritania.
Cun simple xesto,
que consiste en recargar unha pila, conséguese ir sumando minutos
de luz para Mauritania, contribuíndo a que miles de nenos poidan
gozar da escola. Ademais, por cada paquete de pilas alcalinas deEnergizer que se vendan durante este
nadal, a empresa doará 4 céntimos de euro a UNICEF.
H&M
Tamén durante este
Nadal, e en todas as tendas de UNICEFen España, H&M puxo á venda unha colección de roupa
solidaria, composta por nove pezas. Pola compra de cada
unha delas, H&M doará 50 céntimos de euro aos
proxectos de educación que UNICEF leva
a cabo en Bangla Desh.
Colaborando con
estas tres iniciativas, estás a apoiar o traballo de UNICEF pola educación dos
nenos.