Grazas
O desenvolvemento dunha campaña como Cumpledias ten moitos nomes propios detrás. Persoas que durante meses buscaron a idea, xunto a UNICEF España, para conseguir chamar a atención sobre a problemática da desnutrición infantil. E para conseguilo, ademais, poñendo luz sobre a realidade de que a batalla contra a desnutrición se pode gañar, está a gañar: só o ano pasado UNICEF conseguiu levar tratamento ata máis de dous millóns de nenos. Son nenos que agora poden celebrar aniversario en lugar de días. Pero aínda morren outros máis de dous millóns ao ano por causas relacionadas coa desnutrición.
A campaña pon sobre a mesa estas dúas realidades: nenos que non sobreviven e nenos que sobreviven porque a axuda chega e funciona. Pero aí non remata a misión dunha campaña como esta: calquera pode axudar a estender o traballo a máis e máis nenos. Cun simpleSMS, ou difundindo a campaña, ou facendo un donativo. Non é doado conseguir que un anuncio teña todos estes efectos. Cando se logra, como case todo o que se alcanza na vida, é porque detrás hai unha a unha, moitas persoas que puxeron corazón no intento. E compromiso. Cumpledias naceu grazas á suma de moitos corazóns cheos de compromiso:
- O equipo deJWT, que desenvolveu a campaña de forma gratuíta para UNICEF.
- Os nenos de Camerún e o equipo de UNICEF neste país. Todos eles gozaron rodando o anuncio.
- Imanol Arias, Embaixador de UNICEF España, que puxo a súa voz. Sempre, como fan os embaixadores de UNICEF, sen recibir nada a cambio.
- Ismaël Lô, que cedeu os dereitos da súa canciónTajabone.
Todos eles fixeron posible o anuncio. E a suma de corazóns segue: miles de persoas (anónimas e públicas), centos de empresas, decenas de medios de comunicación, entidades deportivas, culturais... unístesvos dunha ou outra forma á loita contra a desnutrición infantil. Solo hay una palabra que a veces se queda corta pero que lo expresa:
GRAZAS a todos e a cada un. Grazas dende UNICEF.