ING DIRECT e UNICEF España

ING DIRECT E UNICEF España renovan o seu acordo polos nenos

ING DIRECT e UNICEF España renovaron hoxe 25 de maio a súa alianza pola infancia. ING DIRECT continuará apoiando os programas educativos de UNICEF a través de campañas de recadación de fondos e accións de sensibilización e mobilización social.  

Esta alianza forma parte do programa Chancesfor Children, que o Grupo ING desenvolve en todo o mundo. Dende o seu lanzamento en 2005, esta iniciativa logrou a escolarización de máis de 690.000 nenos en situación de risco e explotación laboral en todo o mundo. O novo obxectivo común é alcanzar un millón de nenos cunha mellor educación en 2015.  

Acto de celebración

Para conmemorar o acordo realizouse un Market Place nas oficinas principais de INGDirect, onde varios membros deUNICEF España explicaron aos empregados de ING Direct o traballo da organización. Os espazos estaban dedicados á Historia e evolución deUNICEF España, Deporte, Cooperación e Emerxencias, Sensibilización, a tenda UNICEF e Captación de socios.