A lactación materna é clave para a supervivencia infantil
Con motivo da Semana Mundial da Lactación Materna, UNICEF afirma que unhas políticas nacionais sólidas que apoien esta práctica poderían evitar todos os anos a morte de ao redor de 1 millón de nenos menores de cinco anos nos países en desenvolvemento.
As taxas mundiais de lactación materna mantivéronse relativamenteestancadas no mundo en desenvolvemento,cun crecemento do 32% en 1995 ao 39% en 2010, a pesar das convincentes probas que demostran que a lactación materna exclusiva evita enfermidades como a diarrea e a pneumonía, que matan millóns de nenos cada ano. "Se a lactación materna se promovese con maior eficacia e se protexese as mulleres da comercialización agresiva dos sucedáneos do leite materno, veriamos que máis nenos sobreviven e prosperan con menores taxas de enfermidade, desnutrición e atraso do crecemento", dixo o Director Executivo de UNICEF, Anthony Lake. Algúns dos obstáculos para mellorar as taxas de lactación materna son a comercialización xeneralizada e sen ética dos fabricantes de sucedáneos de leite materno, as deficientes políticas nacionais que non apoian os permisos por maternidade, e a falta de comprensión dos riscos de non practicar a lactación materna.
En xuño, os dirixentes mundiais que se reuniron en Washington DC, como parte do movemento Compromiso para a supervivencia infantil: Unha promesa renovada, comprometéronse a traballarpara poñer fin ás mortes infantís que se poden evitar. A Semana Mundial da Lactación Materna representa unha oportunidade para reafirmar o papel fundamental desta práctica na redución da mortalidade infantil.A serie sobre nutrición de The Lancet en 2008 publicou que un neno que non recibe lactación materna ten 14 veces máis probabilidades de morrer durante os primeiros seis meses de vida que un neno alimentado exclusivamente con leite materno. O leite materno cumpre con todas as necesidades nutricionais do bebé e ofrece unha das mellores prácticas a favor da supervivencia infantil, xa que o custo principal é a nutrición das nais.
"A lactación materna debe ser valorada como un beneficio non só para os bebés, as nais e as familias, senón tamén polo aforro que implica para os gobernos a longo prazo", dixo Lake.