Mauritania: grave crise alimentaria e de refuxiados

Para Nanni Oueled Faghi e o seu neto de tres anos, Habibi, a viaxe da súa casa en Léré, Malí, á cidade fronteiriza de Fassala, Mauritania, foi longo e perigoso. Cando chegaron a Mauritania, Habibi sufría diarrea e desnutrición grave.

Oconflito no norte de Malí obrigou a súa familia, como a moitas outras, a fuxir. Esta situación de inestabilidadeintensifica aínda máis a alarmante crise nutricional noSahel. A crise provocou un fluxo bidireccional de persoas entreMalí e Mauritania, conmalienses escapando do conflito no norte e mauritanos desprazándose ao sur de Malí, coa esperanza de encontrar pasto para o seu debilitado gando. Cando a familia de Faghi chegou a Mauritania, a un asentamento temporal para os refuxiadosmalienses, Habibi puido recibir tratamento urxente.
"Habibi podería ter morto se non tivese recibido a atención axeitada e inmediata", informouAhmed Ould Sid'Ahmed Aida, un Especialista en Nutrición deUNICEF. "Cando coñecemos aHabibi por primeira vez, a súa condición era realmente preocupante, pero comezou a recuperarse ben grazas ao tratamento".O longo camiño cara a Mauritania

 
"Cando atacaron o pobo, nos fomos ao atardecer con moitas familias nun camión vello, e pasamos "unha noite terrible", conta Faghi. "Doce horas despois estabamos a esperar nun centro de inscrición en Fassala.Habibi xa estaba débil cunha tose terrible e diarrea".
 
OGoberno, a Axencia de Nacións Unidas para os Refuxiados (ACNUR),UNICEF e outros aliados responderon rapidamente con servizos de auga, hixiene e nutrición. Habibi recibiu alimentación terapéutica e monitorizouse moi de preto a súa evolución. Tamén atenderon á súa avoa, que tiña anemia e sufría os efectos do estrés. Durante semanas, miles de refuxiados cruzaron a fronteira, polo que se estableceu o campamento deM'bera. Preto de40.000 refuxiados, incluíndo Faghi e Habibi, foron transferidos de Fassala a M ´ bera.UNICEF está a levar a cabo unharesposta global e integrada nas áreas deauga, saneamento e hixiene, saúde e nutrición. Non obstante, o transporte de subministracións dos campamentos á capital, Nouakchott, dura tres días e implica cruzar 1.500 quilómetros de deserto, a miúdo sen estradas. Mauritania ten recursos limitados para facer fronte a esta complexa crise. Está a loitar para axudar aos refuxiados e ás súas propias comunidades, afectadas pola seca e a inseguridade alimentaria.Dúas crises, unha solución
 
UNICEF e os seus aliados están a traballar para asegurar unha resposta coordinada a ambas as dúas emerxencias, para previr unha maior deterioración da situación actual. "Habibi é a personificación do traballo de UNICEFe do noso mandato humanitario. O que nos move é salvar vidas", afirma Lucia Elmi, Representante deUNICEF en Mauritania.