O Grupo PRISA envórcase con 'Cumpledías'

O Grupo PRISA uniuse á campaña Cumpledías de UNICEF España contra a desnutrición infantil. A través dos seus medios, o grupo de comunicación apoiará a súa difusión con diferentes accións.

O partido da LigaBBVA entre o Real Madrid e o Atléticode Madrid, o sábado 1 de decembro, será un dos principais escenarios de respaldo á campaña. Os presentadores do derby, que será retransmitido a partir das22:00 horas por Canal+ 1, realizarán mencións e peticións de SMS coa palabra RETO UNICEF ao 28028. O primeiro grupo de comunicación de España tamén prestará un grande apoio a Cumpledías mediante acesión de espazos e a emisión de cuñas e do anuncio principal nos seus medios de comunicación: Santillana, Planeo, Canal +, Meristation, Canal+ Fútbol, Canal+ 1, Canal+ 2, Canal+ Comedia, Canal+ Fútbol, Canal+ Touros, Canal+ Deportes, Canal+ DCine, M80 e Cadea SER, entre outros. Ademais, creou un microsite persoalizado e realizará accións de difusión nas redes sociais onde están presentes os medios do Grupo, así como entre os seus ao redor de 12.000 empregados.  

 

'CUMPLEDIAS'

Cumpledíasparte da base de que, a pesar de que todos os nenos do mundo teñen dereito a cumprir anos e a desenvolver todo o seu potencial, a desnutrición os pon nunha situación tan vulnerable que cumprir días é todo un reto e un gran logro ao mesmo tempo. Ata o momento, Cumpledías xa conta co apoio de medios de comunicación de toda España e máis de 300 empresas e entidades deportivas. Calquera persoa pode participar na campaña enviando un SMS coa palabra UNICEF ao 28028. Cada SMS enviado equivale ao custo dun día de tratamento contra a desnutrición aguda para un neno. O tratamento completo, o que saca un neno da desnutrición, dura entre 4 e 6 semanas e custa uns 42 euros.