Os medos e as esperanzas dunha nai en Kenya
Por Manuel Moreno, Especialista en Comunicación de UNICEF Kenya
Cando o ceo se cobre dun manto gris de nubes densas e o vento sopra con forza, en calquera lugar do mundo se espera chuvia, pero Dadaab, unha sucesión decampamentos de refuxiados na fronteira entre Kenya e Somalia, non é calquera lugar do mundo, e hai poucas posibilidades de que chova nesta rexión de África oriental golpeada pola seca. A chuvia sería un alivio para Ibdio. A súa vida foi difícil, mesmo antes de chegar a Dadaab. Tivo o seu primeiro fillo con 11 anos. Agora é unha nai solteira de 25 anos con tres nenos, e o seu fillo maior, Faisal, ten 14.
Ibdio e a súa familia chegaron a Dadaab hai uns dez días e, como o resto das preto
de 1.300 persoas que arriban todos os
días, tiñan que encontrar un sitio no amoreado campamento
de Dagahaley.
Os tres campamentos que compoñenDadaab (Dagahaley, Ifo eHagadera) foron deseñados
orixinalmente para albergar 90.000 persoas despois da guerra civil
de Somalia en 1992. Uns 400.000 desprazados viven na
actualidade aquí. Dadaabconverteuse no maior complexo de refuxiados do mundo, e continúa
crecendo.
A familiaIbdio deixou Dinsor, na regionsomalí do Baixo Juba devastada pola
guerra, a causa da fame e o medo. A súa historia non é
diferente á dos 40.000 refuxiados que chegaron dende principios de
xuño.Ibdio e a súa familia tardaron 15 días
en chegar a Dadaab e a viaxe foi dura
e perigosa. "Saímos (de Somalia) con esperanza. A esperanza
é o que nos deu forza para seguir... pero agora que estamos aquí
non sabemos que facer. Non hai nada para nós ", comenta a
moza nai.
O seu marido
abandonounos unha semana antes de que decidisen marchar. Fuxiu coas
dúas últimas vacas vivas. "Perdeu a cabeza debido á seca que estaba
a matar a todos os nosos animais", pensa Ibdio en voz alta.Ibdio, xunto á súa nai e os seus tres
fillos, viaxaron os primeiros 120 quilómetros en coche. Cando se
estragou, seguiron a pé durante cinco días. No camiño viu familias
que enterraban os seus fillos ou os seus pais, e sentía o temor
constante de perder un dos seus.
"Outro camión levounos a Dhobley(cidade fronteiriza con Kenya). Non obstante, na fronteira tivemos
que deixar atrás todas as nosas pertenzas. Agora non temos nada",
explica a moza nai.
A familiasobrevive hoxe grazas aos alimentos proporcionados polas
axencias de axuda, alimentos que lles teñen que durar tres
semanas.
Aínda tiramos co que nos deron: un pouco de millo, aceite e fariña
de trigo. Pero xa case rematou. As noites son aterradoras. Estamos
expostos á xente mala que rolda pola noite e aos animais salvaxes",
di Ibdio.
Garantir servizos vitais para os nenos
A familia
de Ibdio é unha das moitas ás queUNICEF está a tratar de
axudar, non só en Dadaab, senón en
todo o Corno de África .
UNICEF aumentou a subministración
de alimentos terapéuticos listos
para o seu consumo aos hospitais e centros de nutrición nos
campamentos de Dadaab e as comunidades
de acollida, axudando a tratar os numerosos nenos que chegan e
sofren malnutrición aguda.
Paramellorar o acceso á auga potable nas rutas dos
refuxiados, UNICEF tamén está a apoiar
a subministración de auga potable en camións. Ata o momento
distribuíronse uns 20.000 litros de auga aos refuxiados. Isto
permitiu ás familias acceder á auga en intervalos regulares e
mellorou a situación das comunidades de acollida establecidas en
torno aos puntos de distribución de auga.
Nos campamentos,UNICEF está a traballar con outras
organizacións para distribuír bidóns, xabón e promover
hábitos de hixiene saudables, co obxectivo de reducir a
ameaza sempre presente dos brotes de enfermidades. Uns70.000 nenos foron vacinados ata
o momento contra o sarampelo e a
polio.
Esta non é
unha crise pasaxeira. Necesítase axuda inmediata, así como
unha estratexia a longo prazo. UNICEFproponse construír 146 novos centros de ensino e aulas nos
campamentos para acomodar os refuxiados recén chegados e
aliviar a conxestión nas escolas xa existentes. Estes centros
estarán situados aos arredores do campamento, onde viven moitos
refuxiados recén chegados
E para garantir que
os que cheguen despois da súa espantosa e complicada viaxe saiban
que servizos están dispoñibles, UNICEFtamén está a traballar con outros organismos en Dadaab para asegurarse de que se desenvolveron asredes de comunicación necesarias para
informar os refuxiados e as comunidades de acollida dosservizos dispoñibles en áreas como educación, saúde e
protección social.
Esta combinación de
servizos e o apoio forma parte dunha operación máis ampla que trata
de mellorar a situación dos máis de dous millóns de nenos afectados
pola seca no Corno de África. Con cada vida salvada, e con todos os
nenos protexidos, algo da esperanza que nais como Ibdio están a buscar tan desesperadamente pode
volver aparecer.