Protexer os nenos afectados polas inundacións en Filipinas
Janella Delfino, de 9 anos, e a súa tía Arlene Pakada pertencen a unha das moitas familias afectadas polas inundacións provocadas pola tormenta tropical Washi en Filipinas. Ambas as dúas sufriron a perda dos seus seres máis queridos por causa das inundacións: Arlene, a dos seus dous fillos, de 1 e 7 anos; Janella a dos seus pais.
"Espértase cada mañá chorando, buscando a súa nai, a pesar de que sabe o que pasou", conta Arlene. Janella sobreviviu ao desastre grazas ao seu avó, que antes de que chegase a tormenta a levou a un lugar seguro, nunha zona elevada.Arlene, pola súa banda, sobreviviu coa axuda dos seus amigos e veciños. Estaba a volver a casa con sete amigos cando comezaron as inundacións. Formaron unha cadea humana para poder salvarse. Ambas as dúas viven agora nun centro de acollida temporal na parroquia de San Lorenzo Ruiz, un dos centros de evacuados en Iligan, xunto a outros nenos e mulleres afectados polas inundacións.
Protexer os nenos da emerxencia
Moitos nenos rematan separados dos seus pais e familiares no medio do caos orixinado polos desastres naturais. Algúns, como é o caso deJanella, perden os seus pais, co que corren o risco de quedar fóra do sistema de protección social e educativo.
A violencia sexual e de xénero tamén é alarmante despois das emerxencias. Por esta razón, UNICEF traballa para protexer os nenos e as mulleres de
ameazas como aexplotación, centrándose na prevención, protección e recuperación.Ademais,UNICEF céntrase en manter as familias unidas e a reunificación dos nenos cos seus pais e familiares é unha prioridade. Ademais, tamén traballa para proporcionar apoio psicosocial aos nenos e actividades lúdicas e de aprendizaxe para axudar á súa recuperación. Ata a data, a tormenta tropical Washi, coñecida localmente como Sendong, afectou a máis de 700.000 persoas. Osnenos enfróntanse a graves riscospara a súa saúde, educación, nutrición e benestar.
A resposta inicial deUNICEF incluía o envío de kits de auga e saneamento ás zonas afectadas. A organización está a mobilizar actualmente equipos de voluntarios formados enprotección da infancia para atender aos nenos afectados, especialmente aqueles que mostran signos severos de estrés. UNICEF tamén enviou tendas e equipos de recreación para construír Espazos Amigos da Infancia nos centros de evacuación. Nestes espazos, os nenos poden xogar, aprender e empezar a retomar un sentido de normalidade e seguridade.