República Centroafricana: aulas temporais para máis de 20.000 nenos desprazados

Máis de 20.000 nenos poderán empezar as clases en espazos temporais de aprendizaxe en Bangui, capital de República Centroafricana, despois de que a violencia lles forzase a fuxir das súas casas e as súas escolas fosen pechadas.

 

Debido a que todas as escolas da capital están pechadas dende principios de decembro de 2013, UNICEF e os seus aliados están a instalar espazos temporais de aprendizaxe nos asentamentos de desprazados de Bangui. Máis de 40 están xa en funcionamento, e 160 profesores recibiron formación en desenvolvemento infantil temperán por parte de UNICEF, para dar clases a nenos de entre 3 e 5 anos.

Nas comunidades deBossangoa e áreas circundantes do noroeste do país, ás que chegan máis familias e onde as escolas están danadas, UNICEFinstalará máis aulas temporais.

"Se os nenos desprazados non poden volver ás escolas, as aulas deberían volver a eles", dixo a representante adxunta de UNICEF en República Centroafricana,Judith Léveillée. "Esta é a idea que hai detrás dos espazos temporais de aprendizaxe. Tan pronto como a seguridade o permita, a volta segura e permanente dos alumnos e estudantes á escola será un paso fundamental nocamiño cara á paz e areconciliación", engade.

As aulas temporais son unha solución a curto prazo, e UNICEF dará apoio ao Ministerio de Educación na reapertura dasescolas formais en canto a situación de seguridade o permita.
 
UNICEF está a proporcionar máis de 500 kits de educación e recreativos a 20 asentamentos de desprazados en Bangui. Estes kits inclúen materiais educativos, libros, material de papelaría,equipacións deportivas e material de plástica.

"Os nenos perderon moitos meses de escolarización dende que empezou a crise", di Léveillée. "É urxente que teñan acceso ao lugar onde poidan recuperar aseguridade. Volver ás clases dá aos nenos sensación de volta á normalidade, de estabilidade e esperanza nofuturo,".

Ademais dos espazos temporais de aprendizaxe, UNICEF apoia os Espazos Amigos da Infancia, onde se proporciona aos nenos desprazados apoio psicosocial e se levan a caboactividades recreativas.

"Quero que os nenos da miña clase esquezan as cousas malas que viron. Quero asegurarme de que non recorren á violencia e á vinganza, senón áhonestidade e a consideración aos demais", dixo Antoinette, unha das profesoras formadas por UNICEF. "Un país sen educación non ten futuro", engade.
 

República Centroafricana: o traballo de UNICEF

O dereito básico á educación está en risco en tempos de crise, pero as escolas non só proporcionan aos nenos un lugar seguro onde aprender, senón que tamén son unha parte importante do proceso de recuperación, segundoUNICEF.

Preto da metade dos residentes de Bangui que fuxiron dos choques violentos continúan vivindo en improvisados campos de desprazados. O ano pasado, o 65% das 176escolas inspeccionadas no país foransaqueadas, segundo os datos de UNICEF.

UNICEF está a traballar con 11 ONG aliadas para establecer os espazos temporais de aprendizaxe.

Con máis de 150 persoas no terreo, UNICEFaumentou considerable e rapidamente a súa presenza e o número de operacións humanitarias en República Centroafricana durante as últimas semanas, para poder dar unha resposta axeitada á crecente gravidade desta crise.

UNICEF está a fortalecer a súa presenza reforzando o persoal nas oficinas de Bossangoa, Bambari eKaga Bandoro, así como coordinando as estratexias de alcance no oeste e centro do país.