Semana da lactación materna
O 1 de agosto comeza a Semana Mundial da Lactación Materna, a práctica máis económica e eficaz de salvar a vida dun neno.
Os nenos que reciben lactación materna teñen 14 veces máis posibilidades de sobrevivir os seis primeiros meses de vida que os que non o foron.Empezar a aleitar o neno dende o seu primeiro día de vida reduce a mortalidade do recén nacido nun 45 por cento.
Ademais, a lactación materna axuda a previr a obesidade do bebé e futuras enfermidades crónicas. Estudos realizados en Estados Unidos e Reino Unido sinalan que os nenos que reciben lactación materna enferman menos que os que non a reciben.
BENEFICIOS PARA naiS e NenOS
Pero a lactación materna non só ofrece beneficios ao bebé, tamén ás nais. As mulleres que realizan a práctica da lactación materna teñen menos posibilidades de quedar embarazadas durante os seis meses despois de dar a luz, recupéranse antes do parto e volven ao seu peso anterior máis rápido. Hai evidencias que mostran que sofren menos depresións post parto e que teñen menor risco de sufrir cancro de mama ou ovarios no futuro.
Non obstante, e a pesar
destes beneficios demostrados mundialmente, só o 39 por
cento dos nenos menores de seis meses recibiron lactación materna
en 2012. Trátase dunha cifra que aumentou moi pouco nas
últimas décadas. Non obstante, os países con políticas e programas
de apoio foron capaces de aumentar as
faN FALTA POLÍTICAS DE APOiO
A campaña lanzouun portal web, no que calquera empresa ou organización pode pedir cuartos de lactación materna para os seus empregados e clientes. Ademais, estase a desenvolver unha aplicación para o móbil que localiza estes cuartos.
Outro país que conseguiu avances importantes foi Cambodja, Togo e Zambiatamén incrementaron as súas taxas.
No outro lado da balanza está Túnez, Indonesia e Nixeria, onde a taxa de lactación materna está a diminuír. Somalia, Chad e Sudáfrica presentan as taxas máis baixas do mundo.
Necesítanse políticas máis comprometidas e específicas que sexan prioritarias, así como un maior consenso en todo o mundo á hora de promover esta práctica que salva vidas.