Zimbabwe: educación gratuíta para nenos orfos

Actualmente hai 1,4 millóns de nenos orfos en Zimbabwe que fan fronte a un futuro incerto e unha desesperada situación económica. UNICEF traballa para garantir que estes nenos teñan acceso a unha educación de calidade. A través do Módulo de Asistencia á Educación Básica, 514.000 orfos e nenos vulnerables puideron asistir á escola.
 

"A miña nai foi enterrada entre as árbores", dixo solemnemente Esnat, 8 anos, mentres sinalaba a tumba da súa nai no distrito de Zaka, ao sur de Zimbabwe. "Entón os veciños adoptáronme, pero din que só me poden dar comida e refuxio e que non poden pagar a matrícula da escola".   

Investir na educación

En todo o país, os estudantes reciben apoio económico de UNICEF para a matriculación escolar, así como para os materiais básicos. O obxectivo deste apoio é contribuír a impulsar aasistencia á escola primaria entre os grupos máis vulnerables.

En 2010, co apoio de UNICEF, imprimíronse e distribuíron máis de 13 millóns de libros de texto para cumprir cos requisitos do plan de estudos. Na escola Chipezeze, onde estuda Esnat, el e outros 447 alumnos víronse beneficiados por esta iniciativa. Nunha comunidade a miúdo afectada pola seca, esta axuda é esencial ante a alza nas taxas de mortalidade e unha crecente poboación de orfos.

"Seguimos sendo optimistas e pensamos que a maioría dos problemas que afectaron ao sector educativo de Zimbabwe serán moi pronto unha cousa do pasado", afirma Peter Salama, Representante de UNICEF en Zimbabwe.

"A Iniciativa de Escolas Amigas da Infancia complementa moi ben a outros programas en marcha para asegurar que o sector da educación deZimbabwe recupera o seu bo nivel e que segue en camiño para alcanzar os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio", engade.

O vital apoio dos Gobernos de Alemaña, Australia, Dinamarca, Estados Unidos de América, Finlandia, Xapón, Noruega, Nova Zelandia, Países Baixos, Reino Unido, Suecia e a Comisión Europea han contribuído tamén á renovación do sector da educación en Zimbabwe, que se reduciu notablemente na última década.