Reconstruir mejor (Reconstruír mellor)

 

A masiva destrución causada polo Tsunami requiriu unha resposta de emerxencia sen precedentes e o mundo respondeu rápida e xenerosamente.

Este documento proporciona unha revisión do modo no que UNICEF contribuíu á recuperación dunha xeración de nenos que o perderon todo.

Describe o gradual retorno da esperanza en Indonesia, Sri Lanka, Maldivas, India, Thailandia, Myanmar, Somalia e Malaisia, cedéndolles a palabra aos nenos protagonistas da traxedia.

Durante este último ano, a axuda de UNICEF puido alcanzar a un número estimado de 3 millóns e medio de nenos, nenas e mulleres afectados polo tsunami.

En xeral, estes últimos meses dedicáronse a tres actividades principais:

Nunha primeira fase, realizouse un esforzo inmediato de axuda de emerxencia, no que o mundo se envorcou coas súas contribucións, recursos, traballadores de asistencia e equipamentos. Nese momento, a supervivencia era a prioridade número uno.

Nunha segunda fase, a actividade principal foi prover de servizos básicos aos centos de miles de familias desprazadas. Para esto foi preciso realizar esforzos importantes na distribución de auga, dotacións de saneamento, inmunización, educación e o coidado dos nenos e nenas que quedaron sós.

Por último, a terceira área de actividade, que é menos visible pero crucial: o proceso de planificar e acordar a reconstrución. Un esforzo desta magnitude é importantísimo, porque dá poder ás persoas para facerse cargo do seu propio futuro.