O cambio climático, unha seria ameaza para os nenos
A cidade sudafricana de Durban acolle ata o 9 de decembro a XVII Conferencia da ONU sobre Cambio Climático (COP17), un cumio ao máis alto nivel sobre unha problemática que representa unha seria ameaza para os nenos de todo o mundo.
UNICEF participa en Durban cunha delegación cuxo obxectivo éfacer visibles os nenos nas negociacións e solucións que alí se debatan, garantindo ademais que se escoite a voz dos máis novos na resposta ao cambio climático.O Fondo das Nacións Unidas para a Infancia avoga por dar prioridade aos máis pobres e vulnerables, especialmente as mulleres e osnenos, que a miúdo sofren todo o peso dosfenómenos meteorolóxicos extremos e osdesastres ambientais, a pesar de ser os menos responsables do cambioclimático.
Un reto para a supervivencia
O impacto do cambio
climático formula multitude de retos para odereito á vida, asupervivencia e o desenvolvementodos nenos. Entre eles está o incremento dadesnutrición, debido a unha alteración dos niveis
de rendemento da agricultura e unha redución do abastecemento de
auga.
De feito, a emerxencia nutricional que dende este
verán sofre o Corno de África, onde 320.000 nenos
menores de cinco anos sofren desnutrición grave, débese en parte a
un maior espaciamento eintensidade das épocas anuais deseca e chuvias.
Situacións así expoñen os nenos a un maior riscode contraer enfermidades infecciosas (como acólera, o dengue ou amalaria). O feito de que o sistema inmunolóxico
dos nenos non estea desenvolvido aínda de todo fainos máis
vulnerables a contraer enfermidades e verse afectado polos
problemas derivados destas.
Outros efectos indirectos do cambio climático son ainterrupción da educación dos
nenos e a separación ou odesprazamento das súas familias.En Mongolia, por exemplo, máis dun terzo dos nenos invisten de tres
a catro horas ao día en buscar auga, polo que moitos deles faltan á
escola.
Un retroceso cara aos ODM
Asconsecuencias do cambio climáticona infancia poden botar por terra os avances
conseguidos ata agora polos Obxectivos de Desenvolvemento
do Milenio (ODM). Aínda que
non hai fórmulas máxicas, a redución do risco ante
desastres naturais é unha liña de defensa vital para as
poboacións vulnerables, especialmente nas áreas xeográficas máis
expostas.
Por outra parte, cando os nenos están educados,informados e implicados, están mellor
preparados para protexerse a si mesmos e, ademais,
comparten esa información co resto de membros da súa
comunidade.