Abordaxes educativas da saúde mental: riscos e oportunidades
Cinco puntos fuertes de los centros educativos en la protección y la promoción del derecho a la salud mental de su alumnado.
Abordaxes educativas da saúde mental
Cinco puntos fortes dos centros educativos na protección e a promoción do dereito á saúde mental do seu alumnado.
A saúde mental e o benestar psicosocial do alumnado son temas que preocupan a moitos centros educativos. Ter claro cal é o marco educativo que nos permite protexer os dereitos da infancia e colaborar mellor con outras institucións é clave para o éxito.
As escolas, colexios e institutos non son o lugar onde os problemas de saúde mental se diagnostican e tratan, pero si son unha contorna clave para a prevención, a protección e a educación para un mellor benestar emocional. Tamén son o lugar onde cada neno ou nena, independentemente da súa saúde mental, aprende, relaciónase e desenvólvese, libre de estigma, discriminación e etiquetas.
Entender os puntos fortes da escola en relación á saúde mental do alumnado, daranos a oportunidade de contribuír ao seu dereito á saúde e o desenvolvemento e permitiranos evitar riscos.
5 puntos fortes da escola en saúde mental
Os centros educativos son claves para promover a saúde mental, non só a través de programas específicos de educación na saúde se non, de xeito máis amplo, ao prover de espazos e oportunidades de aprendizaxe seguras, amigables e centradas nos estudantes.
A escola pode ter unha influencia positiva no impacto que certas variables contextuais poden ter sobre a saúde mental de nenos, nenas e adolescentes, converténdose nun lugar seguro onde a pobreza, a discriminación e a violencia poden ser neutralizadas e abordadas educativamente. A escola é un motor do cambio social.
A escola, ademais, a través da educación en habilidades para a vida, pode influír sobre algúns factores internos da saúde mental, proporcionando aos estudantes os coñecementos, as actitudes e o desenvolvemento de competencias necesario para unha mellor xestión dos seus pensamentos e emocións. A escola é tamén un motor do desenvolvemento individual.
Xunto ás actividades que xa se veñen realizando nos centros educativos no marco de atención á diversidade e de coordinación cos dispositivos de saúde mental, é útil un enfoque complementario baseado na educación en dereitos da infancia e orientado a fortalecer os coñecementos, actitudes e habilidades relacionados coa saúde mental no alumnado de todas as etapas.
Nos casos nos que sexa necesario colaborar con equipos externos á escola, pode ser recomendable:
- Ter en conta a linguaxe e a filosofía utilizados desde cada campo de traballo, que pode ser distinto ao educativo. Por exemplo, en orientación educativa fálase de "diagnose" (psicopedagóxico), que é diferente da "diagnose" (médica) en psiquiatría ou en neuroloxía.
- Coñecer a especificidade de cada equipo, para aumentar a eficacia conxunta: saber quen é especialista en que e como nos complementamos, contribúe ao interese superior de cada neno.
- Mellorar os sistemas de derivación de casos e de coordinación, aínda que é algo que non depende unicamente do centro educativo.
- Coñecer os problemas psicosociais e psicopedagóxicos máis relevantes e as súas implicacións multidisciplinais.
- Realizar protocolos de prevención e de intervención conxunta nas problemáticas que o requiran.
- Comunicar ás autoridades as necesidades que se detecten en materia de prevención, actuacións conxuntas e de recursos necesarios.
Educar a conciencia
Este curso pode ser un bo momento para reflexionar e mellorar algunhas cousas sobre o benestar psicosocial e os hábitos de vida saudables no noso centro educativo.
CADERNO DE FORMACIÓN
Dereitos, saúde mental e educación
Un enfoque para promover a saúde mental e psicosocial desde os centros educativos.
Este documento para o profesorado introduce algúns elementos clave do enfoque da saúde psicosocial desde o centro educativo: como é o enfoque educativo da saúde mental, como podemos promovela dende o campo educativo, o desenvolvemento das habilidades para a vida e o seu valor preventivo e o papel protección nos centros.
Somos infancia!
Actividade para celebrar o Día Mundial da Infancia
ste 20 de novembro, Día Mundial da Infancia, queremos propoñer unha reflexión sobre o que significa a infancia e a adolescencia, que nos preocupa, que valoramos máis, que queremos reivindicar desde as aulas... Súmaste?