Este proxecto é realmente participativo?: Claves dunha participación auténtica
Reflexiona sobre algúns aspectos clave antes de poñer en marcha unha iniciativa de participación infantil ou adolescente, xa sexa grande ou pequena, para poder mellorar o seu deseño.
"Sen dúbida, os nenos e nenas son os máis fotografiados e os menos escoitados da nosa sociedade"
Roger A. Hart
Ao iniciar un proxecto de participación infantil e xuvenil no noso centro educativo é lóxico ter dúbidas. Esta listaxe permitirache valorar rápidamente se ides ben encamiñados en tres áreas clave para definir unha participación auténtica e eficaz: a definición do proxecto, os valores que os inspiran e a metodoloxía. Cada item valídase rápidamente cun "sí" ou un "non", de maneira que un número alto de "noes" fai necesario replantexar algúns aspectos do proxecto que temos en marcha.
O proxecto
O primeiro requisito é que o propio proxecto de participación sexa relevante para o alumnado e que esté adaptado ás súas posibilidades e expectativas:
- O tema é de relevancia real para os participantes, é algo que preocupa aos nenos, nenas e adolescentes implicados.
- O proceso de participación busca cambios concretos que van a poder marcar unha diferencia significativa: se é posible, melloras ao longo prazo ou cambios institucionais.
- A participación está ligada á experiencia diaria do alumnado.
- Póñense a disposición recursos e tempo suficiente.
- Existen unhas expectativas realistas, tanto no alumnado como nos adultos participantes. Xestiónase aa frustración.
- Acórdanse cos estudantes obxectivos e metas claros.
- Tense en conta a promoción e protección dos dereitos da infancia.
Valores
Se os valores que subxacen nun proxecto de participación infantil e xuvenil non están en sintonía cos dereitos da infancia corremos o risco de instrumentalizar o proceso:
- Os adultos participantes son honestos sobre o proxecto e o proceso.
- Existe inclusión e oportunidades de participación equitativas para todos os grupos de estudantes interesados.
- Respéctase de igual maneira a todos os participantes, sexa cal sexa a súa idade, habilidades, orixe…
- Compártese información cos nenos, nenas e adolescentes para permitirlels facer eleccións reais.
- Os puntos de vista da infancia son tomados en serio.
- Os participantes involucláronse voluntariamente.
- La toma de decisións é compartida.
Metodoloxía
Para o éxito de calquera proxecto é fundamental establecer unha metodoloxía axeitada que, no caso de proxectos que involucran a nenos, nenas e adolescentes, debe de estar adaptada. Independientemente do método que elixades para o desenvolvemento do proxecto, verificade que:
- O propósito estableceuse con claridade.
- Os lugares de reunión, a linguaxe e a estrutura do proceso están adaptados á idade dos participantes.
- As nenas, nenos e adolescentes incorpóranse ao proceso nas primeiras etapas, se é posible desde o principio (deseño e planificación).
- Os participantes reciben formación para adquirir as habilidades necesarias.
- As metodoloxías de participación desenvólvense en colaboración cos nenos.
- Os adultos proporcionan apoio cando é necesario.
- Incorpóranse estratexias que favorecen a sostenibilidade e as posibilidades de replicar o proxecto no tempo.
- Avalíase o proceso, tendo en conta como se sentiron os participantes e que aspectos mellorar para futuras ocasións.
Participación infantil e adolescente
Ideas para que a participación na aula e o centro educativo contribúa a desenvolver o máximo potencial de cada estudante.
Descúbreas