Exprésate sobre o COVID-19!
Que saben os nenos e nenas sobre o novo coronavirus? Como están a levar o illamento? Que ideas se lles ocorren para axudar a outros nesta situación? Nace Clip Club TV para que eles mesmos poidan dar resposta a estas preguntas.
Queres ser un Clip Cluber? Esta é a pregunta que, desde UNICEF e a Alcantara Family Foundation, facemos aos nenos, nenas e adolescentes. Preparamos Clip Club TV, un programa onde os rapaces e rapazas son á vez os creadores e os protagonistas, completamente por e para nenos. A productora La Kaseta Ideas Factory axúdanos a que o resultado estea á altura das propostas.
Un espazo para a participación infantil
Cada Clip Cluber decide que compartir e como facelo: unha receita de cociña, o libro que acaba de ler, a película que viu o día anterior, un truco de matemáticas, un exercicio para facer en espazos pequenos ou unha reflexión de como seguir os hábitos de hixiene na casa… Ningún participante nin ningún contido é "demasiado pequeno" para a canle. Ao poñelo en marcha queremos impulsar o dereito de todos os nenos e nenas a participar e a súa liberdade de expresión nuns días nos que as súas voces se escoitan pouco
Máis aló de compartir aspectos do seu día a día, os nenos e nenas poden facer moitas máis cousas polos demais, implicarse e mobilizarse:
- Motivar e dar ideas a outros nenos e nenas que poidan encontrarse desanimados ou aburridos durante o confinamento.
- Axudar aos maiores nunha tarefa importante pero emocionalmente esgotadora: animar a outras persoas nestes días difíciles.
- Difundir propostas solidarias e de apoio mutuo que animen a outros a mobilizarse polo ben común. Todos queremos axudar!
Cada día, de luns a venres, ás 19:00 poderás ver os vídeos que nos chegan desde toda España. Un montón de Clip Clubers únense cada día así que, se coñecedes a alguén que queira compartir as súas ideas, anímao a subir o seu vídeo. subir o seu vídeo.