Coronavirus: Ao despacho do director!
Da capacidade dos equipos directivos dos centros educativos para interpretar estes momentos incertos dependerá, en gran medida, o bo regreso ás aulas. É moita responsabilidade e non é tarefa sinxela.
13/05/2020 - Nacho Guadix
Nestes días nos que debatemos sobre a reapertura dos centros educativos deberiamos ir visualizando como se vai a producir, ao menos como exercicio intelectual que nos permita ir conectando coa realidade que pouco se parecerá á que deixamos nos primeiros días de marzo.
Un dos piares básicos no funcionamento dun centro educativo é a calidade das interaccións entre os distintos membros da comunidade educativa, o que redunda nun clima escolar de convivencia e cooperación. Así considerámolo desde o enfoque de dereitos de infancia. Unha gran parte do éxito neste obxectivo recae na capacidade de liderado do equipo directivo do centro. Neste momento, gustaríame que nos centrásemos no papel que van a xogar. Sen considerar as cuestións persoais desta pandemia que lles puideran afectar ou o esgotados que cheguen polo convulso do camiño percorrido, sendo isto tremendamente inxusto, vanse atopar na necesidade de manexarse na incerteza e o conflito.
O equipo directivo (dirección, xefatura de estudos e secretaría) exerce de correa de transmisión da enerxía entre, por un lado, a administración educativa e, por outro, o persoal do centro (docente e de administración e servizos), o alumnado e as súas familias. Da súa capacidade de interpretar o momento e canalizar esa enerxía dependerá, en gran medida, o bo regreso ás aulas. É moita responsabilidade e non é tarefa sinxela, vaia por diante.
Recibirán unha serie de instrucións que o máis normal é que lles xeren dúbidas, como nos vén a ocorrer a todos coas instrucións da desescalada, que nunca virán con todos os recursos necesarios, como adoita ser habitual, e cunha gran carga de esixencia pola talla da misión, velar polo dereito á educación e facer unha xestión exemplar.
Ao levantar a mirada encontraranse un claustro expectante, cun anecdotario cheo de dificultades tras dous meses de ensinanza non presencial sobrevida e preocupados pola súa saúde e a dos alumnos. Tamén coas familias, que se ven presionadas pola necesidade de acudir aos seus traballos e por buscar o mellor para o benestar dos seus fillos. E finalmente, cos alumnos e alumnas que se debaterán entre a excitación do reencontro cos seus compañeiros e as novas rutinas e, por outro lado, a desmotivación de parte do alumnado, que transita polo sistema educativo sen ver as bondades que debería ter.
Da capacidade do equipo directivo de sumar vontades á hora de protexer o dereito á saúde para garantir o dereito á educación dependerá o lonxe que podamos chegar nesta cuestión. O centro deberá calibrar as súas posibilidades de asumir presencialidade, na medida que poida garantir a saúde de todos os seus membros. Para iso deberá recorrer a un liderado participativo no que a comunidade xogará un papel relevante. Deberá ser capaz de reclamar o que sexa oportuno ante a administración se considera que non dispón do necesario para este labor. Tamén deberá encontrar recursos na comunidade educativa que anteriormente poderiamos non considerar. Canalizar o sentimento de solidariedade que se abriu camiño estes días é un tesouro que debemos ser capaces de avivar.
Nesta labor queremos facer especial fincapé nuns aliados fundamentais: os alumnos. A participación infantil é un dereito da infancia que non adoitamos atender como se merece nos centros educativos. Non so é necesario que realicemos unha profunda formación en hábitos hixiénicos, que precisan da súa parte teórica e da súa parte práctica. Deberemos desenvolver unha campaña dirixida especificamente á infancia e adolescencia durante a emerxencia do COVID-19 que promova a participación infantil dentro e fora do centro educativo. O desenvolvemento de pautas de auto-protección sólidas faranos gañar tempo que necesitamos para o resto de tarefas.
Nesta pandemia queremos frear o virus, non a educación. Desde UNICEF España fixemos chegar ás autoridades educativas unha serie de propostas ante a emerxencia educativa que provoca o COVID-19. Os centros educativos deben estar sempre abertos, sexa presencial ou virtualmente, para atender ao dereito á educación que teñen nenos e nenas. Esa razón pola que quixemos ser educadores. Esa razón que rapidamente nos fai sacar forzas de fraqueza, atopar compañeiros e aliados no camiño e enfrontar as adversidades, nesta ocasión en forma de coronavirus. É un inimigo o suficientemente poderoso para que non baste con envialo ao despacho do director ou a directora para que se amedrente. Non os deixaremos sós.
#educaCOVID19
O COVID-19 está a ter un impacto moi importante no dereito á educación de millóns de estudantes, nos docentes e centros educativos e nas familias. Requírense solucións innovadoras, recursos e tempo, pero tamén paciencia e boa vontade. Xuntos podemos superar este focho educativo e convertelo nunha aprendizaxe. Fagamos que todo saia ben!