©

Todo vai saír ben

#educaCOVID19

A educación e o novo coronavirus

 

O COVID-19 está a ter un impacto moi importante no dereito á educación de millóns de estudantes, nos docentes e centros educativos e nas familias. O  peche dos centros educativos presenciais en distintos países obriga a desenvolver con rapidez novas formas de garantir este dereito en todos os niveis educativos e en todo o mundo. Este esforzo implica ás autoridades educativas, aos centros de ensinanza, ás familias e aos propios nenos, nenas e adolescentes. Requírense solucións innovadoras, recursos e tempo, pero tamén paciencia e boa vontade. Xuntos podemos conseguir superar este focho educativo e convertelo nunha oportunidade de aprendizaxe.


Se cres, como nós, que toda crise é unha oportunidade. Se queres contribuír desde a educación, sexas docente ou non, a frear esta emerxencia. Se confías no poder da educación máis aló de “o que se fixo sempre”. Únete! Comparte as túas iniciativas educativas en redes sociais baixo os cancelos #educaCOVID19 ou #educaDerechos para que outros poidan coñecelas e entre todos poidamos superar esta dificultade.  É momento de frear o coronavirus e acelerar o dereito á educación!

 

A educación non se detén polo COVID-19

Recursos y publicaciones para educar en tiempos de COVID-19

Educación para a saúde: caderno de actividades e recursos

Educación para a saúde: caderno de actividades e recursos

Propostas para promover hábitos saudables desde a escola e garantir o dereito á saúde de toda a comunidade educativa