Integración curricular da participación
Calquiera neno, nena ou adolescente pode tomar parte en procesos de participación infantil. Non importa a súa idade, nivel de desenvolvemento, capacidades, personalidade, rendemento académico…A participación é un dereito e é para todos!
"Enseñar é aprender dúas veces""
Joseph Joubert
Participar non é “estar presente” ou “asistir”; ao participar planificamos, organizamos, coordinamos, debatemos, decidimos, executamos, avaliamos…É nese sntido no que a participación infantil e adolescente ten un verdadeiro valor educativo. Ademais, o resultado sí importa: un exercicio de participación no que os participantes non se comprometen co resultado, avalíano e se responsabilizan na búsqueda de melloras non é un exercicio de participación real. Na medida das capacidades e grao de desenvolvemento do noso alumnado, podemos procurar fórmulas de participación auténtica.
Educación infantil: Coñecer las preferencias
Unha primeira fase do desenvolvemento das competencias de participación está no desenvolvemento da noción de “preferencia”. Que preferimos? Que prefiren os outros? Saber que as preferencias de cada persoa son importantes e que temos liberdade para expresalas, aínda que non sempre podamos conseguilas, permite sentar as bases de coñecementos, actitudes e competencias clave para desenvolver a competencia cidadá.
Educación primaria: Aprender a convivir e a traballar en equipo
Nesta etapa educativa é crucial desenvolver as competencias relacionadas co traballo en equipe: convivencia, respecto ao outro, tolerancia ao erro, e resolución de conflitos. Ao longo de toda a educación primaria, é posible desenvolver estas e outras competencias a través da participación en proxectos de aula e de centro que favorezan formas de participación infantil cada vez máis complexas.
Educación secundaria: Preparación para a vida independente
Esta etapa é clave no desenvolvemento do senso da responsabilidade. A participación en distintas actividades do centro educativo e da comunidade, incluído o asociacionismo, permite aos rapaces avanzar nol fortalecemento da súaindependencia, senso crítico e na asunción das responsabilidades que lles corresponden sobre o resultado, positivo ou negativo, dos proxectos das que toman parte.
Asignaturas
Existe unha idea xeneralizada acerca dos coñecementos relacionados coa participación como algo propio das ciencias sociais e as humanidades, xa que conceptos como "democracia", "dereito" ou "responsabilidade" adoitan tratarse en materias como historia, filosofía ou ética. Con todo, a participación entendida como competencia necesaria para a vida en comunidade convértea nunha aprendizaxe crave para o desenvolvemento académico en todo tipo de materias, tamén nas científico-técnicas, artísticas ou deportivas.
En función do grao de madurez, podemos facer énfase en distintas ideas relacionadas co dereito á participación:
Infantil | Primaria | Secundaria |
---|---|---|
|
|
|
A clarificación de conceptos e a elaboración de mapas conceptuais pode axudarnos a comprender mellor o dereito á participación e a poñelo en práctica. Amplía estas listaxes, segundo ás necesidades da túa aula ou grupo:
Infantil | Primaria | Secundaria |
---|---|---|
|
|
|
Participando na súa contorna proxima e na súa comunidade, cada estudante pode afianzar coñecementos esenciais para o seu desenvolvemento persoal, social e cidadán:
Infantil | Primaria | Secundaria |
---|---|---|
|
|
|
Participar reforza estas actitudes, relacionadas coa convivencia pacífica e democrática:
Infantil | Primaria | Secundaria |
---|---|---|
|
|
|
Estas competencias son necesarias para participar pero tamén se adquiren e reforzan participando:
Infantil | Primaria | Secundaria |
---|---|---|
|
|
|
Participación infantil e adolescente
Ideas para que a participación na aula e o centro educativo contribúa a desenvolver o máximo potencial de cada estudante.
Descúbreas