Protexer os dereitos da infancia mentres exercen o seu dereito a participar
Nos procesos de participación infantil, os nenos, nenas e adolescentes, expóñense ao xuizo dos seus compañeiros, dos profesores e doutros membros da comunidade escolar.
"Non cometas o erro de crer que tes que estar de acordo coas persoas para defendelas da inxustiza".
Briant McGill
A experiencia de participación pode fortalecer as capacidades de nenos, nenas e adolescentes, ou pola contra, causarlles dano se non seguimos unhas normas moi claras dentro dos procesos e, especialmente, cando a iniciativa involucra á vez a nenos e adultos:
- Os adultos que participan no proceso de participación infantil ou adolescente deben tratar aos nenos e nenas con respecto e recoñecer que son individuos independentes e participantes de pleno dereito. Do mesmo xeito, os alumnos máis maiores deben respectar o dereito a participar dos pequenos e hai que ter en conta as relacións de poder que se poden estar a establecer entre determinados grupos (por exemplo: nenos fronte a nenas, nenos e nenas da clase fronte aos de outra, grupos segundo orixe, capacidade ou clase social...)
- É esencial valorar a nenos, nenas e adolescentes de maneira positiva, non como un lastre ao proceso: son individuos con necesidades e dereitos específicos que teñen unha contribución particular que facer, a cal pode ser moi valiosa.
- Todos os participantes deben guiarse por un espíritu de cooperación e compañerismo, baseado na confianza mutua e o respecto.
- É necesario valorar os puntos de vista e as expectativas dos participantes, sexan da idade que sexan, e tomalos en serio.
- Ao colaborar con nenos e nenas é importante facelo de maneira que poidan aportar o mellor das súas capacidade e habilidades, de maneira que poidan desenvolver o seu potencial. Os adultos teñen un papel moi importante como facilitadores do proceso.
- Os adultos participantes necesitan facer un esforzo especial para comprender aos participantes de menor idade no contexto no que viven.
- Débense tomar todas as medidas precisas para asegurar a protección de aqules nenos e nenas polos que sentimos especial preocupación: víctimas de bullying, nenos con discapacidade, infancia LGTBI, alumnos e alumnas de orixe migrante…
Participación infantil e adolescente
Ideas para que a participación na aula e o centro educativo contribúa a desenvolver o máximo potencial de cada estudante.
Descúbreas