Por que os nenos, nenas e adolescentes queren participar?
En ocasións, desde a perspectiva adulta, podemos ver sorprendente que nenos, nenas e adolescentes queran tomar parte en procesos e decisións que supoñen un esforzo e unha responsabilidad. Non son máis felices alleos a estas complicacións?
"Unha persoa é unha persoa, non importa o pequena que sexa"
Dr. Seuss
A realidade é que, como todo ser humano, os nenos ven a importancia de ter voz nas cuestións que lles afectan, pero non só iso, hai máis razóns polas que queren participar:
- Consideran que a súa contribución pode levar a mellores decisións ✓
- Cren que, ás veces, os adultos malinterprétanos cando falan no seu nome ✓
- Sinten que é xusto que se lles escoite cando se tratan temas que afectan as súas vidas ✓
- Queren contribuír a mellorar a súa contorna e a construír un mundo mellor ✓
- Participar en cuestións que lles afectan permítelles coñecerse mellor e axuda a construír a súa autoestima, a súa resiliencia e a súa capacidade de autoprotección ✓
- A participación infantil efectiva supón un desafío aos sentimentos de impotencia e indefensión a miúdo asociados á infancia ✓
- A participación capacita a nenas, nenos e adolescentes para abordar os abusos e neglixencias que poidan cometerse contra os seus dereitos ✓
- A participación ofrécelles a oportunidade de desenvolver: escoita, traballo en equipo... ✓
- Os procesos de participación ofrécenlles a posibilidade de relacionarse con outros nenos o cos adultos desde unha perspectiva diferente ✓
- A participación é interesante, é emocionante, é educativa… E pode ser divertida! ✓
- Os nenos, nenas e adolecentes teñen moito que dicir! ✓
Participación infantil e adolescente
Ideas para que a participación na aula e o centro educativo contribúa a desenvolver o máximo potencial de cada estudante.
Descúbreas