A auga debuxa paisaxes de paz
Esta actividade permite entender un pouco mellor a relación que existe entre a auga e a paz e como podemos evitar os conflitos pola auga.
Ao longo da historia moitas guerras e conflitos estiveron motivadas polo control dos recursos naturais, xa sexan territorios fértiles, bosques, pozos de petróleo ou lagos e ríos. O acceso a cursos de auga é moi importante para os países, xa que non só abastecen da auga necesaria para a vida de persoas, ganado e cultivos, senon que poden ser tamén unha vía de transporte, unha fonte de enerxía e un lugar para a pesca.
Nesta actividade propoñémosvos descubrir mái na aula sobre a relación entre a paz e a auga e utilizar esa información para crear debuxos de paisaxes nos que a auga e a paz sexan protagonistas. Podes descargar unha plantilla PDF sobre a que realizar as composicións.
Conceptos clave: Paz, conflitos, auga, acceso á auga, equidade, seguridade, igualdade.
Dirixido a: Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria.
Edita: UNICEF España
- En función da idade e grao de madurez do grupo, introdúcese na aula o tema da paz e a auga. Para iso pode puede utilizarse a información de contexto que inclúe esta páxina e as ligazóns que hai no apartado "máis información".
- Pode estimularse o debate coas preguntas para a aula ou con outro tipo de preguntas que permitan acercar o tema a estudantes de diferentes idades (ver adaptación curricular).
- En grupo ou individualmente, selecciónase un conflito sobre a auga que queramos traballar e utilizamos a plantilla descargable para representar unha solución ao problema na que a auga e a paz sexan as protagonistas. Podemos inspirarnos nun conflito internacional ou cercano.
- Tanto a composición como as técnicas e ferramentas son libres. Pode utilizarse a plantilla para debuxos e collages, utilizar outro soporte físico para esculturas e instalacións ou empregar medios dixitais.
- Nos días próximos ao Día da Paz ou ao Día da Auga podemos compartir o traballo do noso grupo e as reflexións que xurdiron, utilizando os hashtag #paisajesdepaz e #gotasUNICEF.
Materiais
- Contidos incluídos nesta páxina e nas ligazóns accesibles no apartado "máis información".
- Plantilla descargable para debuxos e collages.
- Material e ferramentas de debuxo e artes plásticas adaptados á idade do grupo.
Moitos cursos de auga e lagos marcan a fronteira entre dous ou máis países. Tamén hai ríos que nacen nun país e atravesan outros ata a súa desembocadura ou acuíferos subterráneos que se estenden baixo varios países. Nestes casos a auga é un recurso compartido que da riqueza a varios países pero que tamén xera tensións. Estas tensións tamén se poden producir dentro dun país, cando varias comunidades comparten un río ou cando existen incompatibilidades entre os usos públicos e privados das fontes de auga.
A auga non só pode ser motivo de disputas, senón que tamén foi utilizada en varios conflitos como arma ou como estratexia de guerra, mediante la contaminación de pozos, os cortes de subministro ou o bloqueo do acceso á auga.
Sabías que...?
A palabra "rival" ten relación coa auga. Etimoloxicamente deriva do latín "rivus", que significa "arroio" e que da orixe tamén á palabra "río". Quizais sexa un reflejo da inimizade que podía darse entre veciños polo uso de presas ou fontes comunais. Outras teorías explican que pode ser polas tensións que había entre os distintos pobos ribeiregos ou polos conflitos que podían surdir entre quen vivían nas ribeiras dos ríos e quen vivían máis lonxe do curso da agua, debido ao control do acceso.
Na actualidade hai conflitos a causa da auga?
Aínda que as noticias non falan deles, os conflitos pola auga non son cousa da antigüedade e seguen existindo hoxe en día. Aínda que haxa outras fontes de enerxía e a pesares de todos os avnces tecnolóxicos, a auga continúa sendo esencial para a vida e o control dos recursos hídricos da poder a quen o ten.
“Xa comezan a estalar conflitos pola auga en numerosas sociedades, por exemplo en Etiopía, na Bengala india, en Exipto, Sudán, China, río abaixo e río arriba no Yang-Tsé. As tensións son vivas incluso no plano internacional. A meseta do Golán, que se disputan Siria e Israel, é en primeiro lugar un depósito de auga nunha rexión seca. O Éufrates é un tema de discordia entre Siria e Turquía, que está construíndo represas río arriba. Ata os mexicanos comezan a molestarse cando comproban o que queda do Colorado cando cruza a fronteira. A disminución do caudal dos cursos da auga non vai a mellorar a situación”.
Lester R. Brown, Word Watch Institute
Neste mapa podemos ver os acuíferos trasfronterizos do mundo (aqueles que poden prover de auga a varios países) en relación á densidade de poboación das rexións onde se encontran. A maior densidade de poboación, maior risco de esgotamento do acuífero, pero non é a única causa. Podes descargar el PDF con máis información (en inglés).
Conflitos próximos
Ao noso ao redor tamén se producen conflitos pola auga. Se revisamos as noticias dos últimos anos, veremos que compartir os recursos hídricos foi fonte de tensións entre distintas administracións públicas. Tamén se produciron problemas polo uso comercial de acuíferos que sosteñen áreas naturais protexidas ou disputas pola prioridade nos usos da auga en temporadas de escaseza de choivas. A ameaza da seca e da desertización afecta aos habitantes de moitas zonas do país. Na prensa tamén poderemos ver noticias sobre xente que abusa dos acuíferos comúns ou que consegue auga ilegalmente, perxudicándonos a todos.
Este mapa mostra o cambio relativo nas precipitacións anuais cun aumento da temperatura de 2°C comparado co momento actual, nun escenario RCP8.5 (escenario no que as emisións de gases de efecto invernadoiro son moi altas). A conca do Mediterráneo é unha das rexións do mundo nas que se poden prever maior descenso das prediccións, segundo este modelo. Podes acceder ao artigo aquí.
- Se a maior parte da superficie da Terra é auga, por que crees que hai conflitos polo seu uso?
- Cando falamos dos conflitos noutros países parécenos lóxico pensar que deberían compartir os seus recursos sen que ninguén se aproveite nin salga prexudicado, pero ás veces é difícil aplicar esa lóxica cando o conflito témolo cos nosos propios veciños. Por que crees que pasa isto?
- Investir en dar acceso a auga de calidade á poboación axuda a construír a paz en zonas de conflito e, á súa vez, investir en construír a paz axuda a afrontar os desafíos dalgunhas rexións respecto á auga. Por que crees que é así?
A actividade "Debuxa paisaxes de paz" pode desenvolverse por estudantes de todas as idades, adaptando as técnicas e ferramentas ás capacidades de cada grupo.
Respecto a a información necesaria para contextualizar o problema: os contidos relativos á auga e os conflitos no mundo é especialmente apta a partir do segundo ciclo de Educación Primaria e poden abordarse con máis profundidade ao longo de Educación Secundaria. A comprensión destas situacións precisan de coñecementos do medio e de xeografía física e política, así como competencias de resolución de conflitos que requiren certa madurez.
Isto non significa que os nenos e nenas máis pequenos non poidan comprender a importante relación que existe entre a paz e a auga, pero será necesario achegalo á súa experiencia cotiá a través de exemplos do día a día. Por exemplo:
- Que é máis importante, encher unha piscina ou regar un horto?
- Se temos pouca auga que facemos: Limpar o coche ou lavar os pratos?.
- Se comparto un tanque de auga co meu veciño e queda pouca, que é mellor?: Que o a use para cociñar ou que a use eu para xogar con globos de auga?
Este tipo de preguntas axúdanlles a darse conta de que, cando hai escaseza de auga poden xurdir conflitos e que é necesario resolvelos buscando solucións que logren o beneficio común.
Esta actividade está indicada para todos os niveis, realizando as adaptacións curriculares necesarias.
Táboa de aprendizaxes
Coñecementos | Actitudes | Competencias |
---|---|---|
|
|
|
Estas ligazóns a outras webs poden utilizarse para ampliar información sobre os conflitos e a auga, especialmente en Educación Secundaria. Ao ser contidos xornalísticos sen un fin expresamente educativo, recoméndase aos docentes que os revisen antes de compartilos cos grupos, para valorar a súa idoneidade. As posicións dos medios que publican estes contidos non reflicten necesariamente o punto de vista de UNICEF.
- La guerra por el agua: cómic interactivo elaborado pola revista dixital de investigación Ojo Público (Perú).
- ¿La guerra por el agua será el próximo conflicto planetario?: Reportaxe da revista XL Semanal, do diario ABC (Grupo Vocento).
- La próxima guerra... la guerra del agua: Artigo na web Servindi.org, especializada en información intercultural, sobre indixenismo e ecoloxía.
- Las guerras por el agua, la predicción que se hace realidad: Reportaxe da revista Cambio 16 (Grupo EIG Multimedia)
- La guerra del agua, un futuro distópico no tan lejano: Reportaxe na web iagua.com (empresa de comunicación especializada na auga).
- Water conflict, water peace: charla TED (en inglés) de Patrick McNamara, especialista en resolución de conflitos internacionais.
- World's water crisis: reportaxe de Netflix sobre a escaseza da auga no mundo (en inglés, con subtítulos).
Actividades e recursos sobre paz, resolución de conflitos e non-violencia
Celebra o Día Mundial do Lavado de Mans!
O Día Mundial do Lavado de Mans celébrase en todo o mundo o 15 de outubro, para lembrar a importancia dun xesto tan sinxelo como lavarse as mans con auga e xabón para a saúde. Coñece as actividades e recursos que preparamos para este día: pódense desenvolver tanto na aula como nas clases on-line. Podemos adaptar estas actividades para que forme parte da campaña do noso centro educativo a favor de #GotasUNICEF.