Xogo: Como se sinte?

  • Atopa á persoa coa emoción indicada en cada pantalla!

  • Xogo para aprender a identificar emocións e construír contornas amigables en Educación Infantil

 


Neste xogo poderemos traballar con imaxes que permitan identificar emocións e falar delas para relacionalas coas nosas reaccións en situacións de conflito persoal ou colectivo. Falar do que lles ocorre aos demais é un paso previo (ou un espello) para poder falar do que nos ocorre a nós mesmos. Trátase de recoñecer as emocións, de validalas e ver como as podemos acompañar dun xeito saudable, traballando pola paz individual e tamén grupal.

 

Dereitos da infancia relacionados:

 

  • Dereito á protección fronte á violencia
  • Dereito á participación e á liberdade de expresión
  • Dereito á saúde
 

Como se xoga?


O xogo consiste en atopar a imaxe que corresponde á emoción sinalada na pregunta que aparece en cada pantalla: enfado, tristeza, medo, dor, alegría e tranquilidade. A imaxe correcta está colocada entre outras que representan outras emocións. 

As preguntas están escritas en letra maiúscula por si se desexa practicar a lectura co alumnado. 

Dependendo do grupo e o momento, pódese ver todas as pantallas ou soamente unhas poucas. O máis importante da actividade é que haxa tempo para poder poñer en común as nosas reflexións despois do xogo, aínda que só sexa sobre dous ou tres emocións. 


Despois de xogar


Unha vez rematado o xogo, podemos falar das emocións destacadas de cada pantalla (as que tiveron que atopar). Podemos volver a proxectar a pantalla e preguntar ao alumnado:

  • Como soubestes que a imaxe representaba esa emoción?
  • Que credes que lle pode pasar ao personaxe da foto para que se sinta así?
  • Que lle diriades? 

Pouco a pouco, levarémolo ao terreo máis preto para que os nenos e nenas poidan falar das emocións no seu día a día e abordar aspectos prácticos, sempre evitando que os participantes sobreexpoñan as súas emocións ou as doutros e falen de temas que poderían ser íntimos e sería mellor tratar en privado.

  • Todas as emocións gústannos por igual?
  • Cal nos gusta máis? Por que?
  • Cal nos gusta menos? Que podemos facer coas emocións que non nos gustan?

Nesta etapa do desenvolvemento os nenos e nenas aínda non tiveron tempo de desenvolver unha visión obxectiva do ben e do mal e, a miúdo deíxanse levar pola súa visión subxectiva: "é bo o que me fai sentir ben", "é malo o que me fai sentir mal". Ao longo do seu desenvolvemento en Educación Infantil, é importante que poidan, pouco a pouco, desenvolver tanto a empatía como un enfoque un pouco máis obxectivo:

  • As emocións que chamamos "negativas" (enfado, tristeza, medo...) non son malas en si mesmas: son un aviso de que algo non nos gusta e debemos escoitalas, compartilas con alguén de confianza e solucionar o problema que as causa.
  • As emocións que chamamos "positivas" (alegría, tranquilidade...) son agradables, pero as veces non son axeitadas, por exemplo: se alguén nos conta un problema e rímonos ou se vemos a alguén moi preocupado e non nos afecta.
  • A xente boa pode sentir emocións "negativas": todos nos enfadamos ou estamos tristes ás veces, iso non nos fai malas persoas. O importante é que saibamos comportarnos sen facer dano aos demais, aínda que nos sintamos mal.
  • Entender as nosas propias emocións e das doutras persoas axúdanos a unha mellor convivencia, a previr a violencia e a vivir en paz na nosa contorna.

 


Conceptos clave:

Convivencia, coidado, paz, respecto, amizade, confianza, empatía, emocións, autoconfianza, protección, parecidos e diferencias, autocontrol, axuda

Dirixido a: Educación Infantil

Edita: UNICEF España, decembro de 2023

Conceptualización e producción: Eduxarxa, SCCL

Tamén dispoñible en:  CAS |

Dispoñible en Genially en:  CAT |  CAS  |  ENG |  VAL |  EUS |  GAL

 

Descobre máis recursos interactivos sobre paz e non violencia

Escape room: casa do terror

Escape room: casa do terror

Para saír da casa do terror, María só necesita atopar algúns obxectos clave que lle fagan recordar quen é e que dereito…

Xogo de enigma: Descobre o personaxe misterioso

Xogo de enigma: Descobre o personaxe misterioso

Adiviña quen é o personaxe misterioso usando o menor número de pistas posible. Xogo para Ed. Secundaria

Xogo de rol - Paz e non violencia

Xogo de rol - Paz e non violencia

Neste xogo exponse dúas situacións cun posible conflito no que cada personaxe mostra unha actitude e unha opinión difer…

Xogo de dobres: emocións e fórmulas de cortesía

Xogo de dobres: emocións e fórmulas de cortesía

Xogo para aprender que as fórmulas de cortesía son unha forma respectuosa de relacionarse con quen nos rodean, promoven…

Xogo: Abre a puerta correcta!

Xogo: Abre a puerta correcta!

Como educar en actitudes que fomenten o respeco e a non violencia?

Quiz de actualidade - Paz e non violencia

Quiz de actualidade - Paz e non violencia

Resolvede este quiz no que se presentan preguntas ligadas a algúns feitos violentos da actualidade e coas que deberedes…

Sopa de letras sobre prevención de conflitos

Sopa de letras sobre prevención de conflitos

Resolvede as preguntas relacionadas coa resolución de conflitos e a cultura da non violencia deste xogo.

Xogo: A casa da paz

Xogo: A casa da paz

Xogo para Educación Infantil que nos axuda a identificar contornas de paz cotiás

Xogo da oca: paz e non violencia

Xogo da oca: paz e non violencia

Xogo da oca para Educación Primaria que nos permite reflexionar sobre a paz e a non violencia.

 

Estes recursos educativos forman parte dun proxecto financiado por MDSA2030/NextGenUE/PRTR - Orden DSA/1110/2022, de 17 de novembro – Modernización Tercer Sector -Exp.77/22

U50 logo MDSA2030 NGEU 0
 

Somos infancia!

Actividade para celebrar o Día Mundial da Infancia

ste 20 de novembro, Día Mundial da Infancia, queremos propoñer unha reflexión sobre o que significa a infancia e a adolescencia, que nos preocupa, que valoramos máis, que queremos reivindicar desde as aulas... Súmaste?

máis información

Somos infancia
Somos infancia
Somos infancia