Xogo: Abre a puerta correcta!
Abre a porta correcta!
Como educar en actitudes que fomenten o respecto e a non violencia?
Xogo para os distintos cursos dos graos formativos de servizos culturais e á comunidade.
As portas pechadas e abertas que aparecen no xogo simbolizan as parcelas da intimidade que se poden abrir e as que non, fomentando o respecto cara a un mesmo / unha mesma e cara aos demais como medidas necesarias para acadar relacións baseadas na paz e a non violencia.
Trátase dunha dinámica vencellada tamén á sensibilización, o impacto que as situacións de violencia ou maltrato poden ocasionar na saúde mental.
Dereitos da infancia relacionados:
- Dereito á protección fronte á violencia.
- Dereito á saúde, incluída a saúde mental.
- Dereito á igualdade.
- Dereito á non discriminación.
Como se xoga?
En cada pantalla, aparecen unha pregunta e varias portas. Só unha desas portas nos conduce á resposta correcta.
Para poder chegar ao final, os xogadores / as xogadoras deberán superar cinco pantallas.
Este recurso está enfocado a propiciar un debate que leve á reflexión sobre como educar en actitudes que fomenten o respecto e a non violencia cara a un mesmo / unha mesma (o auto respecto) e cara aos demais. Así mesmo, proponse como un xogo cooperativo no que todo o alumnado que forma o grupo-clase tenta atopar as solucións ás preguntas formuladas.
Durante ou despois do xogo
Proponse abrir un debate sobre as cuestións que aparecen en cada pantalla. Este debate pode realizarse ao formular a pregunta e valorando cada unha das solucións ofrecidas, ou ao rematar o xogo.
En calquera caso, é importante que o alumnado reflexione sobre o valor de cada achega, preguntándose como aplicar estes valores nas súas futuras clases; deste xeito, pode contribuír a crear un clima de paz e non violencia arredor seu.
Conceptos clave:
Respecto, auto respecto, asertividade, protección fronte ao abuso e o maltrato, empatía, xestión de emocións, convivencia, paz, non violencia.
Dirixido a: Ciclos formativos de servizos socioculturais e á comunidade.
Edita: UNICEF España, decembro de 2023
Conceptualización produción: Eduxarxa, SCCL
Tamén dispoñible en: CAS
Dispoñible en Genially en: CAS | CAT | EUS | GAL | VAL | ENG
Descobre máis recursos interactivos sobre paz e non violencia
Estes recursos educativos forman parte dun proxecto financiado por MDSA2030/NextGenUE/PRTR - Orden DSA/1110/2022, de 17 de novembro – Modernización Tercer Sector -Exp.77/22
Somos infancia!
Actividade para celebrar o Día Mundial da Infancia
ste 20 de novembro, Día Mundial da Infancia, queremos propoñer unha reflexión sobre o que significa a infancia e a adolescencia, que nos preocupa, que valoramos máis, que queremos reivindicar desde as aulas... Súmaste?