Trivial sobre paz e non violencia
Trivial: paz e non violencia
Resolvede as preguntas relacionadas coa resolución de conflitos e a cultura da non violencia.
Xogo para Bacharelato e FP.
Este xogo inclúe unha serie de preguntas e respostas en formato de trivial, nas que se apelará ás bases dunha sociedade xusta e igualitaria, , e traballaranse a detección e o rexeitamento de prexuízos e actitudes discriminatorias que impiden a creación dunha sociedade baseada na cultura da paz e a non violencia. Unha aposta pola xestión dos conflitos e pola responsabilidade social que todos temos neste proceso, tentando expor a interdependencia entre individuos e sociedades, así como o papel da democracia e a participación cidadá na protección e promoción da paz.
Dereitos da infancia relacionados:
- Dereito á protección fronte á violencia.
- Dereito á protección nas guerras.
- Dereito á vida, supervivencia e desenvolvemento.
- Dereito á educación.
- Dereito a xogar.
- Dereito a manter as familias unidas.
- Dereito á saúde, á auga, á alimentación e ao medio ambiente.
Como se xoga?
Trátase dunha versión simplificada do Trivial tradicional. Neste caso, prescíndese do taboleiro e soamente se fai unha rolda de preguntas relacionadas co tema da paz e a non violencia, distribuídas en distintas categorías: espectáculos, xeografía, historia, ciencias, deportes e arte e literatura.
Realízase unha partida cooperativa, na que todo o grupo-clase participa na resolución do quiz. Tamén se poden formar diferentes equipos, de xeito que compitan uns cos outros. Ou, se se conta cos recursos suficientes (varios dispositivos), pódense formar distintos grupos para realizar unha competición individual. Nos casos en que se opte pola competición, a misión é tratar de resolver o quiz tan rápido como sexa posible, antes que os contrincantes.
Ao final do xogo, pódese abrir un debate con toda a clase para falar dos contidos que apareceron nas preguntas e as respostas. Que elementos coñecen? Que ideas e reflexións lles provocan? As ligazóns a páxinas de información adicionais poden darnos contidos para ampliar tanto os coñecementos sobre o tema como o debate.
- Que elementos coñecen?
- Que ideas e reflexións lles provocan?
- Como nos podemos inspirar nos exemplos para lograr unha mellor educación para a paz?
Conceptos clave:
Convivencia, paz, arte, cine, cultura, deporte, guerra, non violencia, pacifismo.
Dirixido a: Ciclos formativos de servizos socioculturais e á comunidade, Bacharelato.
Edita: UNICEF España, decembro de 2023
Conceptualización e produción: Eduxarxa, SCCL
Tamén dispoñible en: CAS |
Dispoñible en Genially en: CAS | CAT | EUS | GAL | VAL | ENG
Descobre máis recursos interactivos sobre paz e non violencia
Estes recursos educativos forman parte dun proxecto financiado por MDSA2030/NextGenUE/PRTR - Orden DSA/1110/2022, de 17 de novembro – Modernización Tercer Sector -Exp.77/22
Somos infancia!
Actividade para celebrar o Día Mundial da Infancia
ste 20 de novembro, Día Mundial da Infancia, queremos propoñer unha reflexión sobre o que significa a infancia e a adolescencia, que nos preocupa, que valoramos máis, que queremos reivindicar desde as aulas... Súmaste?