#educaCOVID19: Por que é importante educar sobre o novo coronavirus?

Os educadores temos un papel esencial para frear esta pandemia. Únete e fai historia!
#educaCOVID19 ¿Por qué es importante educar sobre el nuevo coronavirus?

 
En momentos de crise, informar non sempre é suficiente xa que, ás veces, é necesario utilizar ferramentas, metodoloxías e estratexias propias da educación para que a sociedade poida entender unha situación como a que xerou o novo coronavirus. Os educadores temos un papel esencial para frear esta pandemia: se poñemos o noso coñecemento educativo ao servizo da sociedade, podemos axudar moito.

#educaCOVID19

Estes días estamos a utilizar este cancelo en redes para destacar aqueles contidos que cremos que poden axudar a que se promovan aprendizaxes valiosas sobre o  COVID-19. Estes contidos poden axudar a abordar o tema a educadores e tamén ás familias que teñen aos seus fillos en casa estes días. Non temos a intención de que o cancelo sexa tema de tendencia, ao revés: sería contraproducente porque, tristemente, non hai tanta información que permita un uso didáctico circulando na internet.

Que consideramos “didáctico” nestas circunstancias?

As especiais características desta emerxencia, o feito de que unha parte importante do alumnado estea nas súas casas, a necesidade de apoiarnos en medios dixitais e a dificultade de competir cos contidos espectaculares ou  morbosos que aparecen en distintos medios, fan que a definición que damos de “didáctico” sexa especial.


1.Educar adaptándonos á capacidade de comprensión, pero tamén á emoción

As emocións poden potenciar ou frear a aprendizaxe en determinados momentos. A situación xerada polo  COVID-19 é altamente emocional e vai resultar difícil que unha proposta educativa sobre o tema teña éxito se non sintoniza coas emocións do noso alumnado.
Cales son esas emocións?:

  • Medo, ansiedade, tensión.
  • Incerteza, inseguridade
  • Incredulidade, escepticismo, negación
  • Enfado, irritabilidade
  • Desconexión (“non vai comigo”)
  • Solidariedade, responsabilidade, desexo de axudar
  • utras: a variedade de emocións en situacións de crises pode ser moi ampla.
     

A adaptación á capacidade de comprensión dáa o propio contido. Por exemplo, un texto escrito por alguén experto en epidemioloxía pode ser accesible e interesante en Bacharelato, mentres que unha canción sobre o lavado de mans pode ser moi adecuada en Infantil e primeiro ciclo de Primaria. Con todo, a adaptación á emoción é algo que depende do educador (xa sexa un docente ou alguén da familia). Se nos damos conta de cal é a emoción que está a predominar, poderemos establecer unha conexión co contido a través dela.

O ideal sería que chegásemos a poder utilizar un enfoque educativo para axudar a aliviar as emocións negativas e chegar a aquelas emocións (solidariedade, esperanza, confianza…) que nos permitan guiar a nenos, nenas e adolescentes a obter aprendizaxes valiosas desta situación. Pero… Pódese sacar algún valor educativo disto? Imposible? Non, sigamos definindo o “didáctico”. 

2. Educar cun valor engadido

As crises poñen a proba unha capacidade moi importante das persoas, os grupos e as sociedades: a  resiliencia. As crises non son desexables, non son “boas”, pero poden chegar a axudarnos a aprender cousas que nos valerán toda a vida e que nos axudarán a afrontar outras crises, grandes ou pequenas, cunha “caixa de ferramentas” ben preparada.

Unha crise pódenos axudar a:

  • Aprender a prepararnos para imprevistos.
  • Aprender a planificar, a organizarnos e a priorizar.
  • Aprender a “prescindir”, a centrarnos no importante e no esencial.
  • Empatizar coas persoas máis vulnerables e entender mellor a situación das persoas que se enfrontan a emerxencias cada ano no mundo.
  • Desenvolver o noso sentido da responsabilidade, da colaboración e, aínda que soe raro, aprender a “non ser unha carga” e madurar.
  • Motivarnos a formar parte da solución e non do problema

Estes aprendizaxes non están no curriculum formal e son accesibles para as familias. O retraso puntual que un alumno poderá experimentar en matemáticas ou historia nestes días quizais lle dea a oportunidade de aprender cousas igualmente valiosas e que non entran en exámenes e evaluacións.

3. Educar para desenvolver, non para avaliar

PISA pesa, as avaliacións espérannos ameazantes, en bacharelato hai incerteza sobre a  EvAU naqueles lugares onde pecharon os centros educativos…. Pero en situacións excepcionais todos temos que facer un esforzo, polo ben dos estudantes, e aceptar que seguir con modelos de ensino orientados aos resultados neste contexto é, non só pouco realista, senón contraproducente.

Cando dicimos que o esforzo debe ser de todos referímonos a:

  • As institucións políticas teñen que ser flexibles

Atopámonos nunha situación na que pode ocorrer que o curso non acabe con normalidade para moitos estudantes e que algunhas probas de avaliación non dean os resultados esperados. Desde o ámbito político é necesario estudar opcións que permitan que, de darse esta circunstancia, se poida garantir a permanencia dos estudantes no sistema educativo.

  • Os centros educativos poden ser innovadores

A adaptación curricular é clave nesta situación. Este é un momento ideal para transmitir coñecementos relacionados coa saúde, os hábitos saudables, os microorganismos, o corpo humano, a xeografía humana, as enfermidades na historia, as estatísticas de poboación… e infinidade de materias curriculares de todos os niveis.


Estes temas, nunha situación “normal” poderían pasar desapercibidos ou resultar “aburridos” ou provocar un “e saber isto para que me serve”. Nas presentes circunstancias, moitos alumnos terán verdadeiro interese e curiosidade por estes contidos, o que é algo que facilitará a tarefa a docentes e familias. E se desta crise sae a xeración de científicos que atope a cura contra o cancro, a  ELA ou algunha enfermidade rara? Aproveitémolo, outros contidos poden recuperarse máis adiante.

  • As familias necesitan paciencia

O esforzo extra que están a facer as familias alí onde se suspenderon as clases é necesario, pero non ten que ser  hercúleo. As notas teñen un pouco menos de importancia, un expediente brillante non deixa de selo por unhas semanas de incerteza. Desde os fogares podemos ensinar cousas que, non por ser extracurriculares, son menos importantes. Tamén podemos axudar aos docentes entendendo que se atopan nunha situación nova e que os primeiros momentos son de proba e erro. Por exemplo: está claro que a educación a distancia non é “poñer deberes” e, seguramente, co tempo os docentes poderán implementar métodos máis adecuados,  motivadores e adaptados ás dinámicas familiares para o ensino a distancia.

  • Por suposto, os estudantes tamén teñen que poñer da súa parte

Os nenos, nenas e adolescentes son cidadáns de pleno dereito e, salvo os máis pequenos ou aqueles que sexan especialmente vulnerables, non poden quedar de brazos cruzados cando toda a sociedade se enfronta a unha crise. Non é o momento de sumar problemas nas súas familias e os adultos debemos facelos conscientes diso, facilitando que sexan parte da solución, non do problema.

Amaya L. Turiso

Editora de contidos didácticos en UNICEF España

Úneste?

Se crees, como nós, que toda crise é unha oportunidade. Se queres contribuír desde a educación, sexas docente ou non, a frear esta emerxencia. Se confías no poder da educación máis aló de “o que se fixo sempre”. Únete! Comparte as túas iniciativas educativas en redes sociais baixo o cancelo #educaCOVID19 ou #educaDerechos para que outros poidan coñecelas e entre todos podamos superar esta fochanca. É momento de frear o coronavirus e acelerar o dereito á educación!
 

 

Educación e coronavirus

Educación para a saúde: caderno de actividades e recursos

Educación para a saúde: caderno de actividades e recursos

Propostas para promover hábitos saudables desde a escola e garantir o dereito á saúde de toda a comunidade educativa

Saúdos sen contacto

Saúdos sen contacto

O coronavirus está a cambiar moitas rutinas do noso día a día, pero que manteñamos a distancia física non significa que…

Coronavirus: Ao despacho do director!

Coronavirus: Ao despacho do director!

Da capacidade dos equipos directivos dos centros educativos para interpretar estes momentos incertos dependerá, en gran…

Cambios na convocatoria da 4ª edición de recoñecementos a centros referentes

Cambios na convocatoria da 4ª edición de recoñecementos a centros referentes

A convocatoria de recoñecementos correspondente ao curso 2019-2020 viuse tamén afectada pola pandemia da COVID-19 e o p…

Máscaras para ir a clase

Máscaras para ir a clase

A Asociación Española de Normalización (UNE) publicou para a fabricación de máscaras hixiénicas. Coñecer estas normas s…

2 meses de confinamento e de traballo pola educación

2 meses de confinamento e de traballo pola educación

COVID-19: Tempo de pensar en abrir os centros educativos

COVID-19: Tempo de pensar en abrir os centros educativos

O documento "Protexer a saúde nas aulas" analiza catro aspectos clave para a reapertura dos centros educativos: o funci…

Hoxe, se falamos de educación, falamos dos avós

Hoxe, se falamos de educación, falamos dos avós

Os avós, pola súa idade, son os grandes afectados polo COVID-19, e iso afecta á infancia polo lugar que ocupan na súa e…

Enquisa Covid-19

Como están afrontando os docentes a crise do COVID-19?

Preto de 400 docentes participaron nunha enquisa de UNICEF España para coñecer a resposta da comunidade educativa fron…

Coronavirus COVID-19: Saír á rúa con nenos

Saímos de casa en familia… E agora que?

Os nenos e nenas menores de 14 anos poderán saír da casa desde o 27 de abril, con algunhas limitacións. Isto traslada u…

A fenda dixital aumenta a fenda educativa

A fenda dixital impacta na educación

Non todos os estudantes poden acceder a Internet para seguir o curso escolar nin todos os que acceden fano en igualdad…

COVID-19: Facer fronte a unha emerxencia educativa

COVID-19: Facer fronte a unha emerxencia educativa

A nosa experiencia en emerxencias en todo o mundo dinos que, xunto ás medidas para resolver o curso escolar en vigor, h…

Todo va a salir bien

#educaCOVID19

O COVID-19 está a ter un impacto moi importante no dereito á educación de millóns de estudantes, nos docentes e centros educativos e nas familias. Requírense solucións innovadoras, recursos e tempo, pero tamén paciencia e boa vontade. Xuntos podemos superar este focho educativo e convertelo nunha aprendizaxe. Fagamos que todo saia ben!

Descobre máis

 

Celebra o Día Mundial do Lavado de Mans! 

O Día Mundial do Lavado de Mans celébrase en todo o mundo o 15 de outubro, para lembrar a importancia dun xesto tan sinxelo como lavarse as mans con auga e xabón para a saúde. Coñece as actividades e recursos que preparamos para este día: pódense desenvolver tanto na aula como nas clases on-line. Podemos adaptar estas actividades para que forme parte da campaña do noso centro educativo a favor de #GotasUNICEF

COÑECE MÁIS