Educación contra o coronavirus: 10 tarefas da rutina diaria
O establecemento de rutinas nestes días de illamento doméstico é unha oportunidade para contar coa opinión, a responsabilidade e o compromiso de nenos, nenas e adolescentes.
A Educación en Dereitos de Infancia ten un componente esencial: asumir responsabilidades cidadás amparadas polos propios dereitos.
Aquí expoñemos uns ámbitos xerais sobre os que establecer acordos que nos fagan avanzar nun proceso madurativo e de aprendizaxe de asunción de responsabilidades e de expresión de preferencias, compoñentes básicos da participación infantil e xuvenil .
Un obxectivo desta proposta é que nenos e nenas nos digan en que momento do día realizarán estas tarefas. Así poderemos conversar sobre a viabilidade das súas formulacións y e, seguro, descubrir formas enxeñosas de cumprir cuns mínimos que esta convivencia intensiva está a impoñer. En vez de partir dun horario, partimos dunha listaxe de tarefas que atender e co momento do día no que o faremos. Quizais arrancar arrincar o día cunha asemblea familiar para fixar obxectivos e revisar o día anterior poda poida ser unha opción.
1. Xogar.
Non só é que xogar contribúe ao desenvolvemento infantil, ademais calquera esforzo que veña despois será mellor recibido. Incluímos aquí desenvolver xogos en familia.
2. Falar con amigos e amigas.
Asegurarlles que faremos o posible para que poidan seguir en contacto coas súas amizades. A diario pasan moitas horas cos seus compañeiros de clase. Sentilos cerca axudará a mitigar a súa percepción do illamento.
3. Estudar.
Vai ser todo un reto manter a rutina escolar. O paso dunha metodoloxía presencial a unha virtual dun día para outro supoñerá un esforzo para todos. Con todo, seguir comprometidos con ela traerá grandes beneficios a medio prazo.
4. Exercicio.
EO sedentarismo pode ser un dos grandes inimigos a bater. Buscar táboas de exercicios, bailar, aproveitar os recursos que teñamos na casa e realizalo en familia pode axudar a cimentar un bo hábito.
5. Tarefas domésticas.
Ter a casa ordenada, a sensación de orde física predispón a orde mental. Sendo conscientes do esforzo que supón darémoslle un maior valor e contribuiremos a reducir desorde e sucidade.
6. Ler.
Poucas ocasións máis propicias teremos para estimular este hábito. Comentar as lecturas pode ser toda unha experiencia.
7. Hixiene persoal.
Pode dar a sensación de que co sedentarismo podemos relaxar a nosa hixiene persoal. Nada máis lonxe da realidade. Manter os hábitos de coidado persoal prepáranos para afrontar tanto o día a día como as incertezas que este momento nos ofrece. Fronte ao novo coronavirus, a hixiene é unha das poucas formas de acción eficaz contra a enfermidade coas que contamos neste momento como individuos.
Tamén ordenar os períodos de sono axudaranos a equilibrar a nosa enerxía e fará máis sinxelo volver á nosa rutina unha vez esta situación acabe.
8. Falar coa familia.
O illamento non só nos separa dos amigos e compañeiros, tamén doutros familiares e en especial dos nosos maiores. Que podamos falar con eles será beneficioso para todos.
9. Comida saudable.
Quizais neste período fagamos máis comidas na casa das que faciamos con anterioridade. Polo tanto, planificar a dieta e facer un uso responsable dos alimentos suponnos novos esforzos.
10. Tempo libre.
Reservar un período de tempo para empregalo con liberdade. O desenvolvemento da auto-regulación pasa por aprender a xestionar estes espazos.
Xunto a estes puntos hai, desde logo, outros engadidos como é informarse a través de fontes fidedignas e seguir as recomendacións e indicacións das autoridades tanto para previr os contaxios como para atender aos nosos enfermos. Adaptar esta información a nenos, nenas e adolescentes convérteos en verdadeiros aliados para frear esta emerxencia. Sentir que eles tamén están mobilizados contra a pandemia intégraos como cidadáns e failles saber que se conta con eles para o futuro máis próximo.
#educaCOVID19
O COVID-19 está a ter un impacto moi importante no dereito á educación de millóns de estudantes, nos docentes e centros educativos e nas familias. Requírense solucións innovadoras, recursos e tempo, pero tamén paciencia e boa vontade. Xuntos podemos superar este focho educativo e convertelo nunha aprendizaxe. Fagamos que todo saia ben!